Lei de Ohm
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A lei de Ohm, que recibe o nome do físico alemán Georg Simon Ohm, establece a proporcionalidade, a temperatura constante, entre a caída de potencial (V) entre os extremos dun condutor e a corrente eléctrica (I) que circula ao seu través,isto é
R é unha constante de proporcionalidade que vai depender da temperatura, e das características do condutor (material e dimensións). Recibe o nome de Resistencia, e para comprender o seu significado pódese dicir que dá conta da dificuldade que opón un condutor determinado ao paso das cargas (a corrente) para unha diferencia de potencial dada.
[editar] Descrición
Esta lei cúmprese nas denominadas resistencias óhmicas, ou tamén resistencias ideais. A maior parte dos materiais condutores en condicións non extremas exhiben un comportamento aproximadamente óhmico que permite o emprego desta lei sen maiores problemas. Un exemplo de que non se cumpre a lei atópase no deterioro do material que pode provocar un paso de corrente, repercutindo nunha variación da resistencia que rompe esta proporcionalidade.