Mátyás Rákosi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mátyás Rákosi (nado o 14 de marzo de 1892 como Mátyás Rosenfeld – finado o 5 de febreiro de 1971) foi un político húngaro de orixe xudeu líder de Hungría dende 1945 ata 1956 polo seu posto como Secretario Xeral do Partido Comunista Húngaro.
Rákosi naceu en Ada de pais xudeus, no que daquela era o Imperio Astro-Húngaro (actualmente Serbia). Serviu no exército Astro-Húngaro na Primeira Guerra Mundial ata ser caturado no Fronte Oriental. Devolto a Hungría, alí participa no goberno de Béla Kun; trala súa caída escapou á Unión Soviética. Ó volver en 1924 a Hungría Rákosi é caturado, e en 1940 trala súa liberación regresou á Unión Soviética, onde proclamouse líder do Comintern. Dende alí regresou a Hungría, esta vez co Exército Vermello.
Unha vez o goberno comunista fuoi instalado en Hungría, Rákosi fue designado o Secretario Xeral do Partido Comunista Húngaro. Seguiu unha corrente autoritaria, consolidando o poder na súa persoa.
Rákosi describíase a sí mesmo como "o mejor discípulo húngaro de Stalin". Tamén inventou o térmo "tácticas do salami" (eliminar á oposición cachiño a cachiño).
estableceuse como Secretario Xeral do Partido Comunista Húngaro en 1945. Impuxo normas autoritarias no país, pero non logrou un desenrolo económico acertado. En agosto de 1952 foi nomeado tamén Primeiro Ministro de Hungría, pero o 13 de xuño de 1953, para apaciguar a Josip Broz Tito, foi forzado a cedelo seu cargo como Primeiro Ministro a Imre Nagy, mentres que continuaba como Secretario Xeral do partido. Posteriormente sería tamén relegado deste cargo baixo presión do Politburo soviético en xuño de 1956 (pouco despois do discurso secredo de Nikita Khrushchev), e foi reemplazado por Ernő Gerő. Foi entón cando marchou de novo á Unión Soviética, onde morreu en Gorky en 1971.