María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
María Cristina de Borbón-Dos Sicilias (Palermo, 27 de abril de 1806 - †Sainte Adresse (Francia), 22 de agosto de 1878). Filla de Francisco I Dos-Sicilias e de María Isabel de Borbón, polo que era sobriña de Fernando VII, con quen casaría. Actuou como rexente durante a enfermidade e a morte do seu esposo, até que a súa filla Isabel (Isabel II) acadara a maioría de idade e puidera chegar ao poder.
Para preservar os dereitos da súa filla ao trono de España, María Cristina apoiouse nos políticos liberais moderados, para facer fronte ao opositor da súa filla Carlos María Isidro de Borbón, que estaba apoiado polos sectores do absolutismo.
Na súa etapa de rexente, tivo que facer fronte á Primeira Guerra Carlista. Tratou de gobernar o país por medio dun Estatuto, pero a insurrección de La Granja obrigouna a voltar ao constitucionalismo. A súa política, hostil aos avances liberais, provocou un "descontento" na súa contra (1848) xustamente ao remate da Primera Guerra Carlista. Ademáis, durante a súa rexencia no 1833, disólvese a Xunta Superior do Reino de Galiza, dividíndo a Galiza en catro provincias. Dende o seu cargo, mandou imprimir a Carta Xeométrica de Galicia, que elaborara o xeógrafo Domingos Fontán.
Renunciou á rexencia, e marchou a Francia deixando en España ás súas fillas (Isabel e Luisa Fernanda). Nese momento xa era de dominio público que, pouco despois de morrer Fernando VII, María Cristina casara cun garda e que tivera varios fillos desta relación.
Desde Francia, Cristina conspirou contra o xeral Espartero e promoveu o levantamento de 1841 (levantamento frustrado). Coa caída de Espartero voltou a España e influiu na política do país e participou en negocios "sucios" que fixeron que a súa desacreditación e o odio popular se extendera.
Coa revolución de 1854 evitou o xuizo grazas á axuda de Espartero, que lle permitiu fuxir. Dende aquel momento fixou a súa residencia en Sainte Adresse (Francia) onde morreu o 22 de agosto de 1878.