Marcus Tullius Cicero
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cicerón, en latín Marcus Tullius Cicero,(Arpino, 3 de xaneiro 106 a.C. - Formies, 7 de decembro 43 a.C.). Filósofo, orador, escritor, avogado e político romano.
Cicerón naceu nunha antiga familia do Lacio, a quen se lle dera a cidadanía romana soamente en 188 a.C.. O pai proporcionou aos dous fillos, Marco, o máis vello, e Quinto, unha educación moi completa, sendo Marco Tulio entregado aos coidados do célebre senador e xurista romano Mucio Cévola. Viviu nun período especialmente turbulento da historia de Roma. Despois do asasinato de Xulio César, enfronta con Marco Antonio e é degolado cando tenta fuxir para o Oriente.
Cicerón é, con Demóstenes, o mellor expoñente da oratoria clásica. Pola súa voz, postura, xenio, paixón e capacidade de improvisación está dotado para o exercicio da elocuencia. Son famosos os seus discursos contra Verres, en prol da Lei Manilia, contra Catilina (as famosas Catilinarias), en favor de Milón e de Marcelo e contra Marco Antonio. É autor de diversos tratados filosóficos sobre o Estado, o ben, o coñecemento, a vellez, o deber, a amizade, etc., que transmiten a tradición do pensamento grego. As súas propias ideas sobre a arte da oratoria, así como unha historia desta, exprésanse en tratados escritos de forma dialogada, como De Oratore, Brutus, Orator, etc. Ata nós chegan case un millar de cartas de Cícero sobre temas variados que constitúen un valioso conxunto documental. Cícero desenvolve a prosa latina ata a levar á súa perfección, do mesmo modo que Virxilio e Horacio o fan coa poesía.
Cicerón denuncia a conspiración de Catalina no Senado romano, no 63 a.C. Os seus discursos tornáronse referencia filosófica e base gramatical para o latín.