Nikola Tesla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nikola Tesla,(Никола Тесла), inventor nado en Similjan, Croacia, no seo dunha familia serbia, o 10 de xullo de 1856. Morreu en Nova York (Estados Unidos), o 17 de xaneiro de 1943.
Foi físico, matemático, inventor, e enxeñeiro eléctrico. Educouse en Graz e en Praga, donde estudiou enxeñería eléctrica. No ano 1881 trasladouse a Budapest para traballar nunha compañía de telégrafos norteamericana, trasladándose a París o ano seguinte para traballar nunha das compañías de Thomas Alva Edison, donde realizou o seu maior aporte: a teoría da corrente alterna en electricidade, o cal permitiulle idear o primeiro motor de inducción en 1882.
En 1884 trasladase a Nova York, creando a súa propia compañía en 1886 tras romper as súas relacións laboráis con Edison.
En 1887 consegue construir o motor de inducción de corrente alterna e traballa nos laboratorios Westinghouse, donde concibe o sistema polifásico para trasladar a electricidade á longas distancias. En 1893 consegue transmitir enerxía electromagnética sen cables, construíndo o primeiro radiotransmisor (adiantándose a Guglielmo Marconi).
Nas cataratas do Niágara construíuse a primeira central hidroeléctrica grazas aos descubrimentos de Tesla en 1893, conseguindo en 1896 transmitir electricidade á cidade de Búfalo (Nova York).
Có apoio financieiro de George Westinghouse, a corrente alterna sustituíu á continua, sendo Tesla considerado coma o fundador da industria eléctrica. En 1891 inventou a bobina que leva o seu nome. A unidade de campo magnético no Sistema Internacional de Unidades tamén leva o seu nome.
Nikola Tesla ideou un sistema de transmisión de electricidade inalámbrico, de tal forma que a enerxía podería ser levada dun lugar a outro mediante ondas. Este sistema baseábase na capacidade da ionosfera para conducir electricidade, a potencia transmitíase a unha frecuencia de 6 c/s cunha enorme torre para valerse da resoancia Schumann coma medio de transporte. Sábese hoxe en día que esta frecuencia era de 7.83 c/s e non de 6, explicando esto a gran necesidade de Nikola Tesla de empregar enormes potencias para os seus experimentos.