Océano Ártico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os cinco Océanos |
---|
|
Mar que se estende sobre a región boreal do globo, a cal está coberta en gran parte pola banquisa: 13 millóns de km². Os grandes fundos (a mais de 4000m) forman dúas cuncas separadas por unha longa crista submarina, a cadea de Lomonosov, que se prolonga desde a illa da Nova Zemla ata a Terra de Elesmere. As costas escandinavas e soviéticas están precedidas por unha larga plataforma continental, ben mais estreita diante da América. O borde do Océano glacial Ártico está repartido entre diversos mares secundarios, separados por arquipélagos costeiros: desde a Escandinavia á antiga URSS e á América sucedénse: o Mar de Barents, o Mar de Kara, o Mar de Leptev, o Mar da Siberia Oriental, o Mar de Chukchoi e o Mar de Beufort, ao norte da América. Limitado por soleira de pequena profundidade, o Océano glacial Ártico realiza pouquísimas trocas coas águas dos outros Océanos. Baixo a banquisa, a masa de auga fría (0ºC) é pouco salgada (menos de 30%). A banquisa, cuxa superfície caótica debese aos movimentos que a animam, tén unha espesura de 2 a 4 m; está afectada por unha deriva, da illa Wrangel ata o pólo e o arquipélago de Svalbard. Os limites da banquisa, variabeis de acordo coas estacións, permiten, no verán, unha certa circulación marítima do Mar de Barents ao cabo Cheliuskin; a outras costas están cercadas de preto polos xelos.