Paraguai - Paraguay
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
||||
Lema: Non ten | ||||
![]() |
||||
Línguas oficiais | Castelán e Guaraní | |||
Capital | Asunción | |||
Presidente | Nicanor Duarte Frutos | |||
Área Total - % auga |
406,750 km² 2.3% |
|||
Poboación (2002) | 5.734.139 | |||
Independencia
|
de España | |||
Moeda | Guaraní | |||
Hora | UTC -4 | |||
Himno nacional | Paraguayos, República o Muerte | |||
TLD (Internet) | .PY | |||
Código telefónico | 595 |
O Paraguai é un país do centro da América do Sur, limitado a norte e oeste pola Bolivia, a norte e leste polo Brasil e a sur e oeste pola Arxentina. Capital: Asunción. O Paraguai é un dos dous países da América do Sur que non posúe unha saída para o mar, sendo o segundo a Bolivia.
Índice |
[editar] Historia
- Ver artigo principal: Historia do Paraguai.
Os primeiros colonos españois chegaron ao Paraguai no comezo do século XVI. A cidade de Asunción, fundada en 15 de agosto de 1537, logo se tornou o centro dunha provincia nas colonias españolas na América do Sur.
O 15 de maio de 1811, o Paraguai declarou a súa independencia. Cun rápido crecimento economico e militar nos anos que proseguiron á independencia, o Paraguai tornouse un país auto-suficiente, e unha potencia rexional no continente.
A Guerra do Paraguai, entre 1865 a 1870, e contra a Tripla Alianza, composta pola Arxentina, Brasil e Uruguai, apoiados economicamente polo Reino Unido. Esta guerra foi motivada principalmente pola ambición paraguaia dunha saída para o mar, que no final acabou custando non somente todo o crecimento entón alcanzado, senón tamén a morte de dous terzos da poboación do sexo masculino e perda de territorios, en grande parte, para a Arxentina. A economía paraguaia ficaría estancada os próximos 50 anos.
Tropas bolivianas invadiron o Paraguai en 1932, desencadeando a Guerra do Chaco, (1932-1935), e culminando con vitoria paraguaia e a anexación do Chaco ao país.
Desde 1989, cando o rexime militar de máis de 35 anos de Alfredo Stroessner tivo fín, o Paraguai ten sido gobernado por presidentes eleitos democraticamente. Os maiores desafios do Paraguai desde entón teñen sido a crecente instabilidade política e a corrupción en alta.
[editar] Política
- Ver artigo principal: Política do Paraguai.
En 1992, foi publicada oficialmente unha nova constitución en vigor ata hoxe, que substituiu a antiga constitución de 1967. De acordo coa actual constitución paraguaia, o sistema de goberno é a democracia representativa. O poder executivo é exercido polo presidente e polo vice-presidente, que son escollidos polo pobo a través de voto direto, para un mandato de cinco anos consecutivos, sen dereito á reeleición, isto é, o xefe de Estado e de goberno non debe ser eleito dúas veces, e gobernan baixo asesoría do Consello de Ministros. O presidente participa da aprobación da lexislación e ordena súa publicación, podendo negar leis orixinadas do lexislativo.
O poder lexislativo é bicameral, formado polas dúas casas do Congreso, ou sexa, pola Cámara dos Deputados, de 80 membros, e polo Senado, de 45 membros, escollidos en ambos os casos para un mandato de cinco anos, por voto popular. O voto é imposto por lei para todos os eleitores a partir dos 18 anos.
A Corte Suprema de Xustiza é a instancia máxima do poder xudiciario, composta de nove membros nomeados polo presidente, e ten o poder de declarar a inconstitucionalidade de leis.
O principais partidos políticos son o Colorado (Asociación Nacional Republicana), o Liberal Radical Auténtico e Atopo Nacional. O Paraguai está dividido en 18 departamentos incluindose a capital, Asunción. Cada departamento ten como xefe de goberno un gobernador eleito.
[editar] Subdivisións
- Ver artigo principal: Subdivisións do Paraguai.
[editar] Xeografía
- Ver artigo principal: Xeografía do Paraguai.
[editar] Economía
- Ver artigo principal: Economía do Paraguai.
[editar] Demografía
- Ver artigo principal: Demografía do Paraguai.
A maioría da poboación do Paraguai é de mestizos de colonizadores hispánicos con nativos. Hai poboación branca de orixe predominantemente española. Ata hoxe a maior parte da poboación non fala o Guaraní, además da lingua española.
[editar] Cultura
- Ver artigo principal: Cultura do Paraguai.
[editar] Principais cidades
- Asunción: 500 mil habitantes, máis de 1.5 millón na súa zona metropolitana
- Ciudad del Este: 240 mil habitantes
- San Lorenzo: 120 mil habitantes
- Encarnación: 85 mil habitantes
- Concepción: 75 mil habitantes
Data | Nome en galego | Nome local (en español) | Observacións |
---|---|---|---|
1 de enero | Ano Novo | Año Nuevo | |
6 de enero | Día dos Reis | Día de los Reyes | |
3 de febrero | Día do Patrono do Paraguai | Día del Patrono del Paraguay | |
1 de marzo | Día dos Heroes | Día de los Héroes | |
(varía) | jueves y viernes Santo | Jueves y Viernes Santo | |
1 de mayo | Día dos Traballadores | Día de los Trabajadores | |
15 de mayo | Día da Independencia | Día de la Independencia | |
12 de junio | Día da Paz no Chaco | Día de la Paz del Chaco | |
14 de agosto | Día da bandeira | Día de la Bandera | |
15 de agosto | Fundación de Asunción | Día de la Fundación de Asunción | Aniversario da capital nacional |
16 de agosto | Día dos Nenos | Día de los Niños | Os nenos fican na casa |
29 de septiembre | Día da Batalla de Boquerón | Día de la Batalla de Boquerón | |
8 de dicienbre | Día da Virxe de Caacupé | Día de la Virgen de Caacupé | |
25 de diciembre | Nadal | Navidad | Celebrazón do nacimento de Jesús Cristo na mitolGía cristiá. |
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Goberno do Paraguai (en castelán)
- Paraguay de Antes - fotos antigas do Paraguai (en castelán)
Mercado Común do Cono Sur (Mercosur) | |
Arxentina | Brasil | Paraguai | Uruguai | Venezuela | |
Membros asociados | |
Bolivia | Chile | Colombia | Ecuador | México | Perú |
Países do mundo | América do Sur |
Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Surinam - Uruguai - Venezuela |
Países con parte do seu territorio en América do Sur |