Parlamentarismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Política |
---|
Poderes |
Executivo | Lexislativo | Xudicial |
Formas de Goberno |
Monarquía | República | Anarquía |
Réximes e Sistemas |
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia |
Tipos de Poder |
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo |
Clases de Estado |
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República |
Conceptos |
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País |
Procesos |
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby |
División administrativa |
Cantón | Comunidade Autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia |
Cargos e Postos |
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador |
Disciplinas |
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía Política | Historia Política | Metapolítica | Política Internacional | Teoría Política | Xeopolítica |
Ideoloxías |
Esquerdismo | Dereitismo Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá |
Actitudes |
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neo-imperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposicionismo | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidarismo | Bipartidarismo e | Unipartidarismo Abstención | Amnistia | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo |
O parlamentarismo é un sistema de goberno no cal o Xefe de Estado (que pode ser un monarca, pénsese en Inglaterra ou presidente, como ocorre en Portugal), non detenta as funcións de Xefe de Goberno.
O xefe de Goberno, xeralmente co título de primeiro ministro, é escollido polo parlamento entre o partido ou bloque de partidos que conforman a coalición maioritaria, pero nada impide que a oposición venza. Se unha crise política dinamita a base sobre a que se sustenta o goberno, o parlamento poderá destituír o xefe de goberno do poder executivo e substituílo por outro. Teoricamente, o líder do partido ou coalición que obteña a maioría das cadeiras parlamentarias terá o dereito de escoller o xefe de goberno e compor o gabinete de goberno. Mais, ás veces, iso non ocorre. Unha desas excepcións aconteceu en Europa, co Gabinete Español, no ano 2004, pois, no mesmo, a oposición, con minoría simple no novo sufraxio, gañou as eleccións e montou un novo goberno parlamentarista, outra denominación do parlamentarismo.
A orixe do parlamentarismo remonta á Idade Media, cando os soberanos compartían o poder cun parlamento ou consello de lores. Os primeiros consellos dese tipo reuníanse ó redor dunha grande mesa, na cal o rei ficaba na cabeceira en posición máis alta, e os lores e persoas influentes ocupaban ámbolos lados. Canto máis rico, íntimo ou influente fose, máis próximo do rei podería o nobre sentarse.
Pódese dicir que Inglaterra foi o berce do parlamentarismo moderno, sendo o primeiro país en limitar os poderes do seu monarca, chegando mesmo a decapitar un rei absolutista, Carlos I en 1649, transferindo o poder de goberno á Cámara dos Lores. Actualmente o Consello dos Lores é a Cámara dos Lores ou Cámara Alta para os ingleses. En Francia é o parlamento, no cal o Primeiro Ministro é elixido por un período de 6 anos. Outro exemplo é Israel, onde o principal partido do parlamento dende o 2004 é o Likud.