Partenón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partenón (en grego: Παρθενων) é a construción máis famosa da Grecia antiga que permaneceu até hoxe en día. A súa edificación foi unha homenaxe á deusa Atenea, patroa da cidade.
É o máis admirado dos templos gregos e o maior de todo o mundo helénico. Construíuse na Acrópole de Atenas en substitución do que fora destruído no saqueo persa entre 447 e 438 a.C., por Ictinos e Calícrates. A parte da escultura, executada por Fidias e mailos seus discípulos, levou máis de sete anos en concluir. É todo de mármore do Pentélico, excepto os alicerces, e realizouse en estilo dórico (aínda que o friso interior e máis un ou outro pormenor sexan xónicos). O peristilo ten 17 colunas de cada lado e 8 nos extremos (máis dúas do que era habitual). Na cella atopábase a famosa estatua de Athena Parthenos, de Fidias. As 92 metopas do friso exterior representan a loita dos Centauros cos Lapitas, a Xigantomaquia, a Amazonomaquia e outros combates; o pedimento do lado nacente, o nacimento de Atena, e o do lado poente, a loita entre a deusa e Poseidon pola pose da cidade; o friso exterior, o procisión das Panateneas, cos deuses a observala. O edificio, en que foron aplicados todos os requintes da éntase, mantívose case intacto até 1687, data en que unha explosión de pólvora armacenada nel, durante a guerra entre turcos e venecianos, destruiu a cobertura e fixo outras danificacións. O pedimento e as métopas foron apropiados por Lord Elgin e vendidos ao Museo Británico, en 1816; outras foron para o Louvre; outras aínda se conservan in loco.
[editar] Ver tamén
- Acrópole
- Mármores de Elgin