Pedra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Este artigo son ideas soltas, non queda claro cal é o seu sentido
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
Pedra é calquer material de construcción de orixe natural caracterizado por unha elevada consistencia.
Os xeólogos empregan mineral ou rocha (segundo se son homoxéneos e definibles por unha fórmula química ou non) para referirse a estes mesmos materiais e tamén a outros máis brandos. Como materia prima, a pedra extráese xeralmente de canteiras, explotacións mineiras a ceo aberto. A cantería é un dos oficios de máis antiga tradición. A pedra é tallada polos mestres tallistas.
O mesmo material pode recibir distinto nome se se considera rocha ou se se considera pedra. Así, por exemplo, en España os canteiros chamaron tradicionalmente pedra berroqueña ó que os xeólogos chaman granito.
Paga a pena facer notar que o termo non ten ningún significado na linguaxe da xeoloxía, sendo a negativa a usalo case un signo de identidade profesional.