Pirataría moderna
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
A pirataría moderna refírese á copia, venda ou distribución de material sen o pagamento dos dereitos de autor, polo tanto, considérase unha infracción deliberada á lexislación que protexe a propiedade artística ou intelectual. Estas copias non son legais na maioría de países, pero nalgúns admítense facer copias de material propio para uso privado.
Estes actos empezáronse a denominar deste xeito como metáfora do roubo da propiedade doutros como facían antigamente no mar os piratas. A forma en que a xustiza ha de actuar respecto da realización destas copias non autorizadas é un tema que xera polémica en moitos países do mundo.