Porto do Son
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Porto do Son | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Sonense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia da Coruña |
Comarca: | Noia |
Área: | 95,18 km² |
Entidades de poboación: | 10 parroquias |
Capital do concello: | Porto do Son |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | 650 m. |
Altitude mínima: | 0 m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 10.039 hab. |
Densidade: | 105,47 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 6 (votos - %) BNG 2 (votos - %) PSdeG-PSOE 8 (votos - %) Outros: AVS - 1 (AVS - %) |
Alcalde: | Ramón Quintáns Vila (PSdeG-PSOE) |
Eleccións municipais en: 'Porto do Son' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | Rúa da Atalaia, S/N |
Teléfono: | 981 867 412 |
Fax: | 981 767 358 |
Código Postal: | 15970 |
Correo electrónico: | juan.blanco@portodoson.dicoruna.es |
Sitio web oficial: | www.portodoson.net |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Concello da Provincia da Coruña en Galicia. A entidade de poboación capital é a vila homónima. Pertence á Comarca de Noia. En Porto do Son está o Castro de Baroña.
Índice |
[editar] Xeografía
Porto do Son é un concello que ocupa o lado noroeste da Península do Barbanza. Isto supón que limite por todo o lado surleste con concellos da Comarca do Barbanza, de norte a sur: Boiro, Pobra do Caramiñal e Ribeira. Ó noreste limita cos concellos de Noia e Lousame.
A Península do Barbanza é unha terra moi accidentada, e nela Porto do Son non é unha excepción. O monte está en case todo o concello moi preto da costa, o que obriga á poboación a concentrarse en torno á liña costeira en case todo o territorio.
[editar] Lugares de Porto do Son
- Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Porto do Son vexa: Lugares de Porto do Son.
- Castro de Baroña
- Portosín
[editar] Parroquias
O territorio sonense está dividido en dez parroquias, a maior das cales é Nebra e a máis poboada, Noal, onde se atopa a capital do concello. Todas elas están bañadas polas augas da ría de Muros e Noia, excepto Ribasieira, que non da ó mar.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son | |
---|---|
Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Fins) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña) |
[editar] Demografía
Comparando a evolución demográfica desde 1900, a poboación de Porto do Son mantense estable ó contar nese ano con 9244 habitantes e no 2005 con 9990.
A poboación aumentou lixeiramente ata a metade de século, cando comeza a baixar lenta pero progresivamente, con pequenas variacións. Isto débese á baixa natalidade e a unha emigración que se leva a unha parte significativa da poboación ó exterior, o cal é constante na maioría dos concellos de Galicia.
Evolución da poboación de: Porto do Son - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
9.244 | 9.682 | 10.876 | 11.102 | 10.039 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
[editar] Economía
No ano 2001, a taxa de actividade do concello de Porto do Son era do 45'2% e o paro de 9'1%. Por sectores, o sector terciario é o predominante, pois ocupa un 42'3% dos traballadores sonenses. O sector secundario, cunha ocupación predominante da construcción, ocupa a un 33% dos traballadores. E o sector primario é o minoritario, ocupando a un 24% dos traballadores sonenses, a maioría en actividades pesqueiras.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Porto do Son
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||