Primeiro Período Intermedio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Primeiro Período Intermedio da historia do Exipto foi un século de anarquía que durou entre 2134 e 2040.
Co debilitamento do poder central entrouse nunha época turbulenta que Manetón caracteriza dicendo que en setenta días chegou a haber setenta reis. Os funcionarios foran creando os seus propios reinos, que sostiñan con exércitos privados. A ausencia dun poder unificador é observábel na arte deste perído, no que se detectan variacións locais, así como lna literatura. As tentativas de recuperar a monarquía unificada en Heracleópolis mediante alianzas dos reinos meridionais frustrouse ao formar Tebas unha monarquía independente.