Rafael
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rafael Santi ou Rafael Sancio ou Rafael de Urbino (en italiano Raffaello) foi un pintor italiano do Renacemento. Naceu en Urbino en 6 de abril de 1483 e faleceu no día do seu aniversario en 1520.
Discípulo de Pegurino as súas primeiras obras caracterizábanse polos seus lenes movementos, cores puras, actitudes equilibradas e fervorosa devoción. Tras uns anos de estadía en Florencia (1504-1508) influído por Leonardo da Vinci adaptou as composicións piramidais deste a súa obra, Virxe co Neno ou Sagrada Familia. Pero Rafael non participa do pensamento leonardesco que pon a experiencia como base do coñecemento humano senón que para Rafael o saber humano aparece como complementario da Revelación o que leva á exaltación da verdade, do ben, da lei ou da beleza e clarifica e fai intelixibles as ambigüidades e hermetismos do seu mestre.
A partir de 1508 establécese en Roma, nun ambiente de renovación da Igrexa dirixido polo papa Xulio II, quen lle encarga a decoración das salas vaticanas cun programa iconográfico de base neoplatónica ou histórica de base eclesiolóxica.
[editar] Obras
Das obras de Rafael destaca a Escola de Atenas, pintada na galería Stanza della Segnatura no Vaticano.
[editar] Ligazóns externas
Galerías on line: