Isabel II de España
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outros usos de Isabel II véxase Isabel II (desambiguación)
Isabel II de España ou de Borbón (Madrid 10 de outubro de 1830 - París 9 de abril de 1904), raíña de España dende 1833 até 1868.
[editar] Vida
Isabel II de España era filla do rei Fernando VII e da súa cuarta dona, a súa sobriña María Cristina de Borbón-Dos Sicilias, Isabel chegou a o trono o 29 de setembro de 1833, despois da morte do seu pai, cando tiña tres anos de idade. O nacemento de Isabel e a chegada ao trono supuxeron o inicio de un longo conflito na familia, pois o seu tío, Carlos María Isidro de Borbón, até entón herdeiro da coroa, non aceptou que Isabel fose nomeada Princesa de Asturias e máis tarde Raíña.
Nos primeiros anos de reinado, cando Isabel era nena, a súa nai asumiu o trono até 1840. Neste período tivo lugar a Primeira Guerra Carlista (1833 - 1840). Dende 1840 até 1843 foi rexente o xeneral Espartero, que finalmente foi obrigado a deixar a rexencia.
Aos trece anos, Isabel foi declarada maior de idade, e cando cumpliu os 16 anos, o goberno concertou o seu matrimonio co seu primo infante Francisco de Asís de Borbón.
Segundo Benito Pérez Galdós, Isabel odiaba ao seu marido, que segundo dicían era bisexual ou homosexual. A raíña dixo o seguinte na súa noite de vodas: "¿Que le diré de un hombre que llevaba en su camisón encajes como yo?". É moi posible que Sabela non tivera ningún fillo con Francisco, senón cos seus diversos amantes, entre eles Enrique Puig Moltó, a quen moitos ven como pai de Afonso XII.
Isabel tivo outros fillos como Sabela de Borbón e de Borbón, coñecida como "La Chata", e a infanta Eulalia, moi criticada polas súas accións subidas de ton.
Isabel, denominada A raíña dos tristes destinos marchou a Francia en 1868, tralo triunfo da revolución coñecida como A Gloriosa, e en Francia deixou o trono para darlle paso ao seu fillo Afonso XII.
Isabel viviu até a súa morte en Francia, onde foi testigo da Primeira República e do reinado e a morte do seu fillo Afonso. Foi soterrada no Mosteiro de El Escorial xunto co seu marido en 1904.
[editar] Reinado
- Vexa o artigo principal Reinado de Isabel II de España
Isabel II reinou durante un periodo de transición en España. Na etapa na que reinou, moitas colonias españolas de latinoamérica conseguiron a independencia. Moitas veces os políticos manipulábana, xa que interfería na política da nación.
Modernizou notablemente o país coa construción de liñas de ferrocarril, a apertura de universidades fechadas polo seu pai, etc.
A política exterior foi frutífera duante a Unión Liberal (1858 - 1863), coa anexión de territorios de Marrocos, o recoñecemento da posesión de Guinea Ecuatorial, a conquista de Saigón, o mantemento en Cuba, Filipinas, as Carolinas, as Marianas, etc.