Ricardo Flores Pérez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ricardo Flores Pérez (Sada, 1903- Bos Aires 2002). Escritor galego Emigrou a Bos Aires en 1929, onde foi un dos dirixentes da Irmandade Galega e da Sociedade Nazonalista Pondal, secretario do Consello de Galiza e presidente do Centro Provincial Coruñés.
[editar] Obra
- Un ovo de dúas xemas. Comedia rideira en dous pasos, 1938 (teatro)
- Enguedello, 1939 (teatro)
- Catro estampas de beiramar, 1961 (teatro)