Rodaballo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rodaballo | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||||||||||||||||
Bioloxía | ||||||||||||||||||||||||
|
O rodaballo é un peixe mariño que vive en augas pouco profundas e raramente por debaixo dos 150 m., repousando sobre fondos areosos ou de conchas.
Índice |
[editar] Descrición
É plano, case circular e a súa pel sen escamas, presenta numerosos tubérculos cónicos. A súa cor, gris pardo veteado, cambia en función da cor do seu contorno. Pode chegar a alcanzar 100 cm. de lonxitude máxima e pesa ata 15 Kg. É un depredador diurno e de adulto aliméntase exclusivamente de peixes pequenos.
[editar] Localización
Esta especie localizase en Noruega, Islandia, por todo o Mediterráneo, chegando ata Marrocos, e o Mar Negro. Tamén foi introducido con certo éxito nas costas de Nova Zelanda. Dende os anos 80 prodúcese rodaballo de piscifactoría en España, máis concretamente en Galicia.
[editar] Cría libre
A súa etapa reproductiva comeza aos 4 ou 5 anos. A posta soe ser na primavera, aproximándose os peixes maduros á costa para desovar en fondos de 10-40 m. Uha femia pode chegar a poñer até 500.000 ovos por Kg. de peso.
[editar] Cría en piscifatoría
O seu engorde faise en instalacións en terra firme, cerca das costa, aínda que recentemente estase a levar a cabo o seu cultivo en gaiolas. Os rodaballos alcanzan un tamaño comercial de 2 Kg. nuns 32 meses.