Syberia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Syberia é unha aventura gráfica para ordenador de Microïds. Desenvolvida polo debuxante de cómics Benoit Sokal que centra a acción do xogo en Kate Walker, unha avogada nova que traballa para unha compañía de xoguetes de Nova York.
Aviso: Esta sección pode conter detalles da trama.
A acción comeza nos Alpes franceses onde Kate ten que se reunir con Anna Voralberg para tratar de mercarlle a súa fábrica pero morre antes da súa chegada polo que ten que busca-lo seu irmán, que leva desaparecido trinta anos, para consegui-la súa sinatura polo que debe percorre-lo mundo enteiro.