Tai Chi Chuan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Tai Chi Chuan (en chinés: 太極拳 Taiji Quan), ás veces abreviado como Tai Chi, é unha arte marcial interna chinesa. Este estilo de arte marcial é recoñecido tamén como unha forma de meditación em movemento.
Os principios filosóficos do Tai Chi Chuan remiten ao Taoísmo e á Alquimia Chinesa. A relación de Yin e Yang, os Cinco Elementos, o Ba Gua (Oito Trigramas), o Libro das Mutacións (I Ching) e o Tao Te Ching de Lao Zi son algunhas das principais referencias para a comprensión dos seus fundamentos.
- Os textos clásicos escritos polos mestres orientan a:
- Vencer o movemento a través da quietude (Yi Jing Zhi Dong) 以靜制動
- Vencer a dureza a través da suavidade (Yi Rou Ke Gang) 以柔克剛
- Vencer o rápido a través do lento (Yi Man Sheng Kuai) 以慢勝快
A pesar de ter as suas raíces na antiga China, o Tai Chi Chuan é actualmente unha arte practicada en todo o mundo. É apreciado no occidente especialmente pola sua relación coa meditación e coa promoción da saúde, oferecendo aos que viven no ritmo veloz das grandes cidades unha referencia de tranquilidade e equilibrio, así como de melloras para diversos problemas da saúde.
Os creadores do Tai Chi Chuan basearon a sua arte na observación da Natureza - non só na observación dos animais, tamén no estudo dos principios da interacción entre os diversos elementos naturais.
Como somos parte desta natureza, o coñecimento destes principios e de como actuan dentro de nós, estudados pola Medicina Tradicional Chinesa, revelan o Tai Chi como uma fonte efectiva de enerxía que se encontra no noso interior, situada na rexión do corpo nomeada polos chineses de Dantian, e que está situada dous dedos por debaixo do embigo.