User talk:Tinsiño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia Martín Fernández Calo. Grazas por unirte a nós, a chegada de novos colaboradores sempre é un motivo de ledicia na Wikipedia en galego. Confiamos que coa túa axuda e a doutros moitos este wiki consiga aumentar en cantidade de artigos e na calidade dos mesmos. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:59, 28 abril 2006 (UTC)
Fixen máis artículos que os que aparecen como meus. Pero prefiro que queden en anonimato.
- Sobreira ás veces non pasa pola Galipedia en longas tempadas, polo tanto, quizais non vexa a túa mensaxe ata pasado certo tempo. Con respecto ao teu comentario sobre as túas edicións anteriores, é habitual que os colaboradores comecen facendo edicións sen estar rexistrados. En canto a revelar os artigos editados con anterioridade é unha decisión personal de cada colaborador, dicilo ten a vantaxe de que o resto dos compañeiros saiba que temas dominas e resulta interesante coñecelo. Non obstante non hai ningún problema en caso de non manifestalo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:26, 9 maio 2006 (UTC)
Bueno, finalmente decidín abrirme máis á Galipedia e todos os meus artículos que fixen cando non tiña iniciada a sesión wiki están escritos na miña páxina de usuario. Gracias pola túa atención, Prevert. --Martín Fernández Calo 19:12, 12 maio 2006 (UTC)
- Aquí estamos todos para colaborar e axudarnos os uns aos outros, así que no que poda axudar podes contar comigo. Fixeime que puxeches Vacaloura e Escornabois todo no mesmo enlace, por iso sae en vermello. Neste momento temos Vacaloura redirixida a Escornabois. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:15, 12 maio 2006 (UTC)
Caramba, estás en todo. Gracias, xa está cambiado. O mesmo pasaba onde poñía "cidade de Huelva", cando o artículo era só "Huelva". Bueno, agora déboche unha. Non voy a descansar ata atopar un lugar onde meteras a pata ;).
[editar] Previsão
Por favor, utilize o botão mostrar previsão/amosar vista previa com mais frequência. Estás inundando os cambios recentes. --Slademsx 03:31, 13 maio 2006 (UTC)
OK, disculpe. Mais nun futuro preferiría que me dera o aviso en galego e non en portugués. --Martín Fernández Calo 08:26, 13 maio 2006 (UTC)
- Ola tan só é para dicirche que Slade é portugués e non sabe galego, nestes momentos traballa en asuntos relacionados co mantemento da Galipedia, precisamos toda a axuda posible e todos son benvidos sen importar a nacionalidade, outra cousa é a lingua dos artigos que efectivamente ten que ser en galego, saúdos e con retraso douche a benvida.--Rocastelo(fálame aquí) 08:32, 13 maio 2006 (UTC)
Vale, vale, non o sabía. Gracias pola benvida. Saúdos. --Martín Fernández Calo 08:35, 13 maio 2006 (UTC)
- Xa puxen algunhas imaxes en Castela e León e engadín o marcador {{CCAA España}}, serve para engadir unha caixa de navegación con todas as comunidades de autónomas. É unha parte onde queda moito traballo por realizar. Tamén coloquei a categoría para que o artigo sexa máis fácil de localizar. En canto a Slade non llo tomes a mal, e un colaborador do wiki en portugués que se uniu a nós pouco despois ca ti. Nos wikis grandes o trato é moito máis brusco co que hai aquí, estanos axudando no mantemento e supoño que pasados uns días familiriarizarase con tipo de trato que temos aquí. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:55, 13 maio 2006 (UTC)
OK Están ben as imaxes. A ver se atopo algunha da meseta e lla engado. E tampouco me tomei a mal o de Slade, fixo ben en avisarme, que comprobei a páxina de cambios recentes e non había máis que user:Martín Fernández Calo. É que estaba facendo a miña páxina de usuario e non me molestaba a darme a vista previa :P. Bueno, saúdos.
- Corrixín o enlace Suevia en Historia de Galiza tal como propoñias, púxeno a Reino dos Suevos pero neste momento no lembro se temos algunha páxina relacionada co tema que teña unha variación sobre ese nome. En canto a Racismo penso que ti mesmo podes facer a precisión que sinalas na páxina de discusión do artigo. Se se me pasa responder a algunha mensaxe avísame. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:10, 13 maio 2006 (UTC)
-
- Martín, desculpe pela minha mensagem anterior. Como o Prevert falou, o sistema de avisos na pt.wp é feita por modelos e não temos muito "calor humano". Peço desculpas se fui ofensivo e prometo que serei mais paciente aqui na Galipedia. Também devo explicar que só sei ler em galego... --Slademsx 02:50, 14 maio 2006 (UTC)
- Qué va, home, non fuches ofensivo (simplemente creín que eras galego e que escribías en portugués) máis ben todo o contrario, que xa vin que estaba enchendo a páxina de cambios recentes, pois, como non sabía aínda meter imaxes, probaba constantemente a ver se quedaba ben; e se non volvía a cambialo e gardalo despóis. Alégrame que estedes en todo, facedes moi ben en intentar correxir as cousas que facemos mal os usuarios aínda novatos coma mín, porque se non é así non aprendemos nunca ;-). --Martín Fernández Calo 08:51, 14 maio 2006 (UTC)
Bueno, non che queda ningunha por responder. Agora estaba buscando imaxes para ilustrar o artigo de Ith, para que quede completo. O malo é que non atopo ningunha imaxe sobre este fillo de Breogán en internet. Aviso así, para que se alguén encontra algunha imaxe del, que a meta na Wikipedia. Prevert, se fas o favor, ¿poderías avisar a outros colaboradores para que o fagan? Eu aínda non teño trato ca maioría deles. Saúdos. --Martín Fernández Calo 14:10, 13 maio 2006 (UTC)
- O mellor e que probes a mirar na categoría mitoloxía de Commons. Commons é un repositorio de imaxes libres para usar nas wikipedias. Se atopas unha imaxe basta que poñas o enlace coma se fora unha imaxe da propia Galipedia. En canto a obter a imaxe dun sitio web, só podería usarse no caso de que no web digan expresamente que está permitido o uso libre. Outra opción é poñer unha mensaxe en Wikipedia:A Taberna (axuda). Pero polo que estiven vendo nas wikipedias vai ser difícil atopar a imaxe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:22, 13 maio 2006 (UTC)
[editar] ¿Tricerátops leva til?
Seica é unha pregunta, pero eu penso que palabra grave rematada en s... --IvanPerez 12:44, 14 maio 2006 (UTC)
- Estiven preguntando e vanmo confirmar, bíceps e fórceps levan til. En canto ao xeito de cambiar o título dunha páxina que teña o nome incorrecto ou haxa que modificalo pola razón que sexa, faíse na lapela mover, ao premer sobre ela aparece un formulario onde hai que escribir o novo título e indicar porque se fai o cambio. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:55, 14 maio 2006 (UTC) Confirmado, leva til. --Prevert(talk) 14:00, 14 maio 2006 (UTC)
- Nalgúns casos (non todos) cando se move unha páxina, a páxina orixinal hai que marcala para borrar, úsase para elo {{lixo}}, basta con poñelo no corpo da páxina. Antes compróbase no lateral esquerdo, no enlace Páxinas que ligan con esta se hai algunha páxina que ten enlaces cara ela e corríxense. Xa o fixen eu, na páxina Dinosauro había un enlace. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:09, 14 maio 2006 (UTC)
Gracias polo apoio pero aínda estamos lonxe da alemá e a inglesa, ben é certo que algúns artigos que fixen non os hai alí :)--Penny Black 19:59, 14 maio 2006 (UTC)
[editar] ==Fotos e Imaxes==
Ola Martín. O primeiro agradecerche o traballo que estás facendo e presentarme. Fun fai moi pouco nomeado administrador de Commons, estou intentando xunto con outros usuarios desenvolver todo o máis posible a zona galega de Commons. Para o mesmo, procuro copiar, sempre que podo, fotos da Galipedia en Commons. Este traballo vese dificultado porque é frecuente que na Galipedia as fotos que se soben non teñan os requisitos mínimos. Estes requisitos (tanto para a Galipedia como para Commons) son:
-
- Copyright: {{GFDL}}, {{PD}},...
- Orixe (source): Lugar de onde se tiraron as fotos que facilite interpretar que son material libre, sen copyright. Se un mesmo fai a foto, ponse como Source/orixe ben http://commons.wikimedia.org/wiki/Portada_galega (se se soben en primeiro lugar a Commons), ben http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada (se se soben en primeiro lugar á Galipedia) e indícase self made ou foto/imaxe realizada por min
Cando unha foto carece destes datos debe ser marcada para borrar, tal como eu fixen cunha imaxe túa Image:Mapa carlos V.jpg.
Agradeceríache que cando subas unha foto, no espazo da descrición engadises esta táboa cumprimentada para evitarmos problemas:
Táboa cos datos identificadores da imaxe
- http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:sustituir_polo_nome_da_imaxe.png
|
Para calquera consulta, pregunta ou dúbida sobre imaxes, podes poñerte en contacto comigo, preferiblemente, na miña páxina de discusión de Commons, pois é onde estou habitualmente: http://commons.wikimedia.org/wiki/User_talk:Lmbuga. Un cordial saúdo --Lmbuga 08:55, 19 maio 2006 (UTC)
- En Commons hai moito material de todo tipo e probablemente haxa imaxes para algún dos artigos que creaches. O tema das imaxes na Galipedia está xerando neste momento moitos problemas. A mensaxe da parte superior da páxina pretende aclarar o uso das imaxes. Estou traducindo en Commons máis páxinas que poden servir de axuda. En todo caso se non estás seguro das condicións de licenza da imaxe e mellor que non a publiques ou nos preguntes antes. Evidentemente aquelas imaxes que fagas ti podes licencialas para o seu uso libre. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:18, 19 maio 2006 (UTC)
[editar] Sobre Dinosauros e Benvidas
- Comezo polas benvidas, o costume nesta Wikipedia é que a benvida dase unha vez que o usuario se fai visible no wiki editando. Non cando rexistra o nome, nin cando abre a páxina de usuario se non chegou a editar nada. Aquí as benvidas non son un proceso automático como poden ser noutros wikis. Como puideches comprobar días atrás Slade seguindo os costumes da Wikipedia en portugués deu a benvida a IP's e a usuarios que non tiñan editado nada. Con respecto ao tema dos dinosauros, a clasificación en Zooloxía é provisoria e cómpre desenvolver a rama. Invítote a participar na súa definición na parte inferior de Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Bioloxía. Intentamos crear unha clasificación coherente e unitaria debatindo previamente. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:34, 19 maio 2006 (UTC)
[editar] Homónimos
Ola, que tal todo. Na Galipedia engadimos o marcador {{homónimos}} para indicar que un artigo é de homónimos. Moitas veces no título do artigo non é preciso poñer que é unha páxina de homónimos. Si hai que facelo cando un significado da palabra é o máis coñecido por exemplo Galicia e Galicia (homónimos). No caso de coca persoalmente penso que non é preciso indicalo, pero se houbese que indicalo sería coca (homónimos). Para calquera dubida xa sabes que podes contactar na miña páxina de discusión, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 18:16, 19 maio 2006 (UTC)
[editar] Fotos - Carlos V
Ola Martín.
Grazas por considerar a miña petición de colocar a táboa de información nas imaxes e grazas pola observación Gallería
En primeiro lugar, quero que saibas que eu na Galipedia son un usuario máis. Non é competencia miña borrar nada na Galipedia. Para iso están os administradores. Os usuarios podemos axudar ós administradores de diversas maneiras, unha delas é colocar a etiqueta {{SenLicenza}} no resumo das fotos en que falten datos precisos (como fixen eu), así eles poderán localizalas doadamente.
Estou seguro de que antes de borrar unha foto subida por ti se poñerán en contacto contigo. Ademais, antes de borrar unha foto, comproban os lugares en que se usan e amañan a situación substituíndo nesa páxina a imaxe por outra de Commons (en Commons hai unhas 600.000 imaxes) ou eliminarán toda presenza desa foto nese artigo.
Póñoche a continuación unha foto e 2 ligazóns a fotos de Carlos V que hai en Commons. Para incorporalas na Galipedia, tes que utilizalas exactamente igual que utilizas as que ti sobes á Galipedia.
Sobre a última pregunta que me fas: Entendo que ti variaches unhas imaxes que non son túas. Se é así, o resultado desa variación non é totalmente teu. Se as imaxes das que partes son imaxes libres (Commons é unha base de datos centralizada para subministrar contido libre) abonda con dicir que a imaxe que sobes está realizada por ti a partir de tal imaxe, que se encontra en tal sitio. Se non son imaxes libres, non se deben subir.
Eu dei contigo debido ás fotos sobre os escudos que fixeches. Están moi ben. Interésame subilas a Commons para poñelas nas páxinas dos concellos, supoño que ti non terías inconveniente (podes subilas ti, se queres). Pero non podo subilas sen saber a súa orixe. Un exemplo: as fotos dos escudos galegos dos concellos (faltan bastantes) están na seguinte categoría de Commons: Commons:Category:Coats of arms of Galicia. Se fas un escudo dun concello, partindo dunha destas imaxes, pódese subir, porque partes de imaxes libres. Abonda con indicar o que fixeches.
Reitéroche que me parece moi interesante o traballo que fas e que estou encantado de colaborar contigo. Un cordial saúdo --Lmbuga 18:19, 19 maio 2006 (UTC)
- Sobre Éxodo, incluín o Moisés de Michelangelo. En Commons hai a categoría commons:Category:Moses. É sinxelo buscar, na caixa de busca do lateral esquerdo fas a busca en inglés Moisés -> Moses e xa sae. Senón podes usar Google: "texto_a_buscar" site:commons.wikipedia.org. No caso de que non haxa a páxina ou categoría directa en Commons é máis fácil buscar en commons desde google. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:49, 19 maio 2006 (UTC)
- Estas son as ligazóns máis aproximadas ás páxinas que me requires. Para localizar as imaxes convenientes tería que parar en ler detidamente o artigo que escribiches e ando atarefado. Probablemente, tendo estas ligazóns, che leve menos tempo a ti
Unha aperta--Lmbuga 18:59, 20 maio 2006 (UTC)
- Acabo de ler o cometario de Prevert anterior ó meu. En Commons, polo de agora, hai que buscar en inglés. Para traducir palabras do español ó inglés pódeche ser útil este enderezo http://babelfish.altavista.com/, se tes algunha dificultade con ese tradutor avísame. --Lmbuga 18:59, 20 maio 2006 (UTC)
- Podes usar a imaxe que prefiras de cantas hai na categoría de commons, escollín isa porque foi unha escultura que deu pé a unha chea de interpretacións e porque é unha obra mestra. Para inserir a imaxe de commons na Galipedia basta con premer na imaxe, copiar o nome e escribilo como se a imaxe estivese aquí (refírome á parte que comeza por Image: , o anterior non). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:53, 20 maio 2006 (UTC)
[editar] Traduccións
Comprobei que gran parte dos meus artigos foron traducidos ó castelán. Non me parece mal, por suposto, pois o que intenta conseguir a Wikipedia é o libre intercambio de información. O que me parece mal é que algunhas das traduccións nin siquera poñían no historial que eran traduccións dos artigos correspondentes da Galipedia. Non sei que facer, ¿quito todos os enlaces da miña páxina ou déixoos quedar deixando tamén que outros traduzan artigos e que queden coma se foran feitos por eles? gl:user:Martín Fernández Calo
[editar] Traducciones...
Hola, Martín. Veo que no llevas demasiado tiempo trabajando en una wiki y, me da la sensación, que es de ahí de donde viene tu queja.
Los artículos no son de nadie.
Si te pones a trabajar en una 'wiki' con esa idea de'autor' estás condenado a que llegue un momento en que puedas caer en una fuerte frustración. De hecho, no tengo la más mínima ni remota idea de quién eres ni de qué artículo en el que tú has participado he llegado a traducir.
Por lo demás, si te fijas, yo no trabajo en la wiki con mi nombre (como sí lo haces tú) sino con un apodo. No tengo ningún interés en que mis traducciones o mis aportaciones queden consignadas como inéditas o no, como originales o no, como hechas, copiadas, versionadas o lo que sea por mí. Lo único que quiero es aportar artículos a la wiki en español y, para ello, voy a fuentes fidedignas y me nutro de ellas.
En los únicos casos en que consigno que se trata de una traducción es cuando esta me lleva más tiempo que una sesión, por lo que si alguien llega al artículo puede seguir con ella. Si la traducción la hago de una tacada, no.
Lamento haberte molestado y, en todo caso, consultaré si es obligado (aunque solo lo sea desde un punto de vista ético) el consignarlo. Por lo demás, lo de los enlaces a otras lenguas no solía hacerlo porque es de esos detalles que vas aprendiendo a hacer con el tiempo. Normalmente, ya se encargan de ellos los bots o los bibliotecarios vigilantes.
Un saludo y, si me permites una recomendación, cambia tu nombre por un apodo. Es la única forma de trabajar aquí liberándose de cualquier ansiedad autorial.
Fdo. Usuario Camima de la wiki en español.
[editar] Sobre traducións
- Un dos puntos da licenza GFDL require atribución, iso debería ser sinalar o usuario ou usuarios que crearon o artigo. Pode facerse poñendo no resumo da wikipedia que traduce o artigo o enlace á versión do historial que é fonte dese artigo. Como mínimo indicar de que Wikipedia procede. Na práctica hai moitos usuarios (en todas as Wikipedias) que por ignorancia nalgúns casos, por entender que dentro das diversas versións da Wikipedias non é preciso facelo noutros, que non fan esa atribución. Sobre as consideracións que fai o usuario na resposta á túa exposición o mellor é que non a teñas en conta. Algunhas persoas descoñecen que non se deben facer suposicións de ningún tipo sobre outras persoas polo cal está fóra de lugar que faga consideracións sobre as túas intencións. O mellor é que non lle deas demasiada importancia e mires o lado positivo, os artigos que creaches a través das traducións entre unhas Wikipedias e outras acabaran estando alo menos parcialmente nunhas cantas. Iso representa unha valoración do teu traballo, que como ben sabes está sendo apreciado polos usuarios deste wiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:57, 21 maio 2006 (UTC)
[editar] CAMBIO DE APODO
Como recomendación dun usuario da wikipedia en castelán ó que critiquei por non ter posto de que o artículo que traduciu de qué wikipedia provía, vou cambiar de apodo para firmar: agora serei O Tin.
- Boas compañeiro, vin que queres cambiar de apodo. Tes que ten en conta dúas cuestións, a primeira sería o cambió de apodo na prol da firma (pero que indudablemente vai seguir aparecento o actual nas páxinas de historial e "cambios recentes") maila que tí firmes coma dís. A segunda é o cambio de apodo xeral (é dicir: nas páxinas de historial e en "Cambios recentes" xa aparecerías co novo nome -O Tin-); si é isto o que necesitas para seguir realizando o teu traballo, necesitas porte en contacto cun administrador-burocrata e soicitarllo para que entroques o faga (ten en conta que o teu número de artigos e outros elementos aportados debe de ser inferior as 5.000 edicións). Podes poñerte en contacto con Prevert e facela túa soicitude. Un sáudo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:10, 21 maio 2006 (UTC)
[editar] Castellano -> gallego :-(
Hola Martín, siento haberte "engañado", si bien inadvertidamente :-) pero desgraciadamente mi nivel de gallego es gl-0. Uso un estupendo traductor automático (http://xixona.dlsi.ua.es/prototype/) con corrección manual mía para las traducciones, pero al inverso no sabría hacerlo. No sé si el traductor que te cito, que también tiene traducción del castellano al gallego puede ayudarte, pero yo me declaro incompetente. Lo siento --Ecemaml 19:50, 21 maio 2006 (UTC) PD: por cierto, ¿podrías indicar de dónde sacas las imágenes? Ya veo que en galipedia no hay mucha preocupación por las licencias de las imágenes, pero en es: sólo aceptamos licencias libres y necesitamos saber las fuentes para poder usarlas.
[editar] Sobre traducciones (2)
Por supuestísimo que no me molesta en absoluto comunicarme contigo. Como te decía, he consultado al respecto y me han respondido lo siguiente en relación a la mención de si se trata de una traducción o no:
"Es conveniente que lo menciones en el resumen, para cumplir con la licencia GFDL. Ecelan ✆ 20:06 21 may 2006 (CEST)"
Lamento las molestias y de aquí en adelante así lo haré. Por cierto, ni que decir tiene que si decidí traducir el artículo fue porque lo consideraba bueno. Saludos. --80.24.253.97 19:58, 21 maio 2006 (UTC)
- Sinto no estar dacordo co que manifesta iste usuario na prol do que dí o Sr. --Ecemaml, e cito textualmente: "Ya veo que en galipedia no hay mucha preocupación por las licencias de las imágenes," xa que de feito procuramos asesorar e darlles a indicacións oportunas os usuarios sobor das mesmas (podes ollar o seguinte apartado: [Marcadores de licenza de imaxes]. Asimesmo tamén che comunico que no artigo Carlos I de España hai dúas imaxes que cargaches e as cales no posuen licenza. Un saúdo.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:34, 21 maio 2006 (UTC)
- Na realidade é moi boo que todalas imaxes conteñan licenza, posto que o proxecto é de información libre a gratuita a imaxes non deben de ser menos. De ese xeito evitamos dañalo proxecto. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:57, 21 maio 2006 (UTC)
[editar] Licenzas de imaxes
- As licenzas das imaxes son extremadamente importantes, a mensaxe que encabeza á páxina remarca que cargar imaxes con copyright pode perxudicar ao proxecto. Na páxina da que dis que proveñen teñen un aviso legal que limita o uso dos materiais do seu web. Iso quere dicir que todas as imaxes que procedan de alí deben borrarse. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:15, 21 maio 2006 (UTC)
[editar] Imaxe, falta información de Image:Portodoson satelite.jpg
Pode que haxa que borrar o(s) ficheiro(s). |
Grazas por contribuir a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No(s) caso(s): Image:Portodoson satelite.jpg Image:Alcazar segovia.jpg, Image:Tirannosaurus rex.jpg, Image:Tricerátops.jpg, Image:Mapa carlos V.jpg, Image:Batalla de Adua.jpg, Image:Batalla de Salamina.jpg, Image:Salamina.jpg cómpre incluir, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Para marcar as imaxes é preciso incluir a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe. Martín, nesas imaxes falta a información necesaria para identificalas. Dos dinosauros hai imaxes alternativas en Commons, e algunha das outras que semellan cadros pode que tamén haxa algo en Commons. Aínda que supón certa dificultade conseguir imaxes libres ao principio, é moi importante o uso de imaxes sen dereitos. Pode usar esta ferramenta para atopar todas as súas imaxes. Se ten dúbidas sobre como incluir a información que falta podemos axudarlle. Grazas. --Prevert(talk) 10:17, 22 maio 2006 (UTC) |
[editar] Imaxes a borrar polo de agora
- Image:Portodoson satelite.jpg -> as imaxes de satélite non se poden uttilizar libremente a non ser que o propietario as licencie para o seu uso libre. As da NASA, pola lei dos Estados Unidos si poden usarse. Esta imaxe non parece da NASA e a páxina web que citas, en principio tampouco parecen ser os propietarios dos dereitos.
- Image:Tirannosaurus rex.jpg na páxina di: "La totalidad de los casos y las imágenes son propiedad del autor con sus respectivos derechos registrados. La utilización no autorizada de este material está prohibida".
- Image:Batalla de Adua.jpg, a enciclopedia ten copyright a non ser que teña máis de 70 anos. O cadro que reproduce a enciclopedia non, polo tanto será cuestión de conseguir a imaxe doutra fonte. Coñeces o título do cadro?.
- Image:Tricerátops.jpg, na páxina non di nada das condicións de uso, polo tanto temos que asumir que o seu uso non é libre.
- Image:Batalla de Salamina.jpg, puxeches o mesmo enderezo que para Tricerátops, supoño que sería un erro. Tamén supoño que Image:Salamina.jpg ven do mesmo sitio.
- Image:Mapa carlos V.jpg, o sitio web ten unha licenza libre pero non é compatible con Wikipedia, ten unha restrición: non se pode facer un uso comercial. Licenza Creative Commons Atribución-NonComercial-CompartirIgual 2.5 Arxentina
O tema das imaxes é complexo e moitas veces obxecto de dúbida. Comprendo que ao principio sexa difícil saber que sirve para a Wikipedia e que non. Pouco a pouco vaise vendo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:58, 23 maio 2006 (UTC)
[editar] Os Simpsons
Para o formtao da lista de episodios dos Simpsons é mellor que sigas este formato en:List of The Simpsons episodes, o da Wikipedia inglesa. Nesa Wikipedia teñen algunhas imaxes pero non as podemos usar salvo expcepcións, porque as leis norteamericanas son distintas das nosas. En canto as fotografías da pantalla para ilustrar o artigo tamén é dubidoso. Como moito carga tres por se hai que borralas, polo agora non temos listas as intrucións do que está admitido e do que non, polo tanto hai que ir ao seguro. Outra cousa usamos como criterio de títulos de páxina para películas e series o título orixinal se non hai estrea galega (entre outras cousas, serve de dato para saber o que ten unha versión na nosa lingua). Así que haberá que mover Os Simpsons a The Simpsons (xa o farei máis adiante), iso non afecta ao texto. No texto temos un sistema para diferenciar cando un título en galego corresponde a unha estrea ou cando corresponde a unha tradución pero aínda está en rodaxe. Xa cho comentarei outro día. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:59, 23 maio 2006 (UTC)
[editar] Imaxe, falta información de Image:A ameaza do tenis.jpg
Pode que haxa que borrar o(s) ficheiro(s). |
Grazas por contribuir a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No(s) caso(s): Image:A ameaza do tenis.jpg Image:Catón.jpg, O gran capitán.jpg, Image:Batalla de Adua.jpg, Image:MenelikII.jpg, Image:Gran capitán ceriñola.jpg, Image:Gálata.jpg, Image:Villeneuve.jpg, Image:Lord nelson.jpg
cómpre incluir, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Para marcar as imaxes é preciso incluir a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe.
Pode usar esta ferramenta para atopar todas as súas imaxes. Se ten dúbidas sobre como incluir a información que falta podemos axudarlle. Grazas. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 07:42, 24 maio 2006 (UTC) |
[editar] Mapas e licenzas
Ven o vin que habías posto iso, pero o as nomas wiki soicitano a pesar delo, tes como mostra outro mapa feito por min e subido no 2005 [1], nel podes aprezar que aunque sexan creanción propias tamén necesitas licenza (do contrario entenderase coma que a imaxe posúe dereitos de autor -aunque sexa autor novo e diga que a cede-) Espero que o exemplo te axude a ollar as imaxes dende outro punto de vista máis global. Un saúdo --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 15:04, 28 maio 2006 (UTC)
Podes empregar a mesma licenza que empreguei eu {{GFDL}}, para ilo baste ir a imaxe que te deixei de exemplo, premer na lapela "editar" e copiala información que hai alí, pegala no teu mapa e tan so cambia algún datos, no fondo do texto has de ver que xa pon GFDL, deixallo (non o borres) para que che apareza o cadro de cor verde co resto da información. Un saúdo--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:25, 28 maio 2006 (UTC)
[editar] Número de artigos
Este é o enlace para contar os artigos que ti fixeches. Con respecto a triplicar o número de artigos é moi difícil seguir ese ritmo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:32, 25 maio 2006 (UTC)
- Ola, o de provincias históricas púxeno eu nos artigos, xa que realmente non son provincias oficiais actuais, foron provincias francesas (antes da formación da actual división administrativa francesa), e para evitar que se poida pensar que son provinciais actuais, se che parece mellor algunha outra forma non hai problema, pero a min si que me parece correcto o de provincia histórica, foron provincias nun período da historia, non digo que formasen unha unidade política con Biscaia ou Guipuscoa.--Rocastelo(fálame aquí) 16:50, 30 maio 2006 (UTC)
[editar] Diocese
Diocese NON leva til gráfico. Os dicionarios de Edicións Xerais de Galicia, Ir Indo Edicións, Volga (1997 e 2004) e RAG non poden estar trabucados todos co mesmo erro tipográfico. (v. Acento prosódico#Erros frecuentes no acento de intensidade ) Saudiños --Sobreira 16:09, 31 maio 2006 (UTC)
- Parabéns, porque vexo que xa dominas o tema de conseguir as imaxes en Commons. Iso resulta de gran axuda agora que estamos revisando as licenzas e a orixe das imaxes que hai na Galipedia. Neste momento xa temos a tradución galega da páxina que explica como rexístrarse alí Commons:Primeiros pasos/Conta de usuario. Se non o fixeches recomendoche que o fagas, aínda que non teñas editar polo momento alí, para a comunidade galega é moi importante dispor de colaboradores rexistrados. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:01, 4 xuño 2006 (UTC)
- Un comentario sobre os artigos. A lapela historial resulta moi útil para coñecer porque un artigo ten unha determinada redacción, permite ver a evolución dos artigos e coñecer a súa orixe. No caso de Cataluña podes atopar a orixe aquí. Na miña opinión hai que evitar, nas obxecións, calquera frase que poida interpretarse como menosprezo do traballo doutro usuario da Galipedia (e digoo eu que onte metín a zoca nun comentario :-/). Por certo, quizais este mapa debera ser {{PD-autor}} e non GFDL. Se a imaxe estaba orixinalmente no dominio público por ser do CIA Factbook quizais debera permanecer no dominio público despois das modificacións. Sobre todo comento iso para que vexas a lóxica que ás veces se utiliza no licenciamento das imaxes (o mapa segue sendo o mesmo só cambiou o texto). Cando marcaches a imaxe aínda non tiñamos PD-autor, e tampouco está traducida polo de agora. O dito antes non quere dicir que teñas que cmabiar a licenza só é un apunte sobre licenzas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:55, 6 xuño 2006 (UTC)
- A política sobre toponimia é clara, está aquí. Outra cousa é que haxa artigos que estean sen normalizar aínda (por exemplo, cidades do País Vasco que están pendentes) ou que haxa nalgúns casos posibles confusións. Penso que iso debe tratarse na Taberna (propostas), expoñendo a proposta dun xeito claro e concreto. Coa mensaxe anterior non quería dicir que fose ofensivo ou deixase de selo, senón que potencialmente pode selo. En canto á imaxe máis adiante se estás de acordo pasareina a PD-autor. Con respecto ao de Commons sería moi prolixo expoñer as vantaxes pero en resumo o proxecto galego da Wikipedia inclúe ademais da Galipedia, todas as versión galegas dos proxectos Wikimedia. En ocasións hai decisións que se toman nuns proxectos que afectan a outros, en particular en Commons, de aí a vantaxe de estar rexistrado alí. Por último, o premio que acabamos de recibir entre outras cousas esixemos mellorar canto poidamos no menor prazo de tempo, niso estamos pero sempre hai cousas que están a medias, os artigos dos países do mundo semellan un bo exemplo do moito que queda por facer. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:29, 6 xuño 2006 (UTC) Engadido: Non dicía que meteras a pata, xa sabes que aprecio e apreciamos o teu traballo. Saúdos. --Prevert(talk) 16:38, 6 xuño 2006 (UTC)
[editar] Links
Oi Martín. Para responder a sua pergunta, vou demonstrar com textos:
- Sem links internos ou no caso, poucos
- A República Federativa do Brasil é o maior e mais populoso país da América Latina e o quinto maior em área e população do mundo. Sua área total é de 8.514.876,599 km², localiza-se na parte central e nordeste da América do Sul. Suas fronteiras ao Norte são com aVenezuela, a Guiana, o Suriname e com o departamento ultramarino francês da Guiana Francesa; tem, Leste e Sudeste no Oceano Atlântico. Ao Sul, faz fronteira com o Uruguai; a Sudoeste, com a Argentina e o Paraguai; a Oeste, com a Bolívia e o Peru, e a Noroeste, com a Colômbia. Os únicos países sul-americanos que não fazem fronteira com o Brasil são o Chile e o Equador. Bem além do território continental, o Brasil também possui alguns pequenos grupos de ilhas no Oceano Atlântico: Penedos de São Pedro e São Paulo, Fernando de Noronha, e Trindade e Martim Vaz. Há também um complexo de pequenas ilhas e corais chamado Atol das Rocas.
- Com links internos
- A República Federativa do Brasil é o maior e mais populoso país da América Latina e o quinto maior em área e população do mundo. Sua área total é de 8.514.876,599 km², localiza-se na parte central e nordeste da América do Sul. Suas fronteiras ao Norte são com a Venezuela, a Guiana, o Suriname e com o departamento ultramarino francês da Guiana Francesa; tem, Leste e Sudeste no Oceano Atlântico. Ao Sul, faz fronteira com o Uruguai; a Sudoeste, com a Argentina e o Paraguai; a Oeste, com a Bolívia e o Peru, e a Noroeste, com a Colômbia. Os únicos países sul-americanos que não fazem fronteira com o Brasil são o Chile e o Equador. Bem além do território continental, o Brasil também possui alguns pequenos grupos de ilhas no Oceano Atlântico: Penedos de São Pedro e São Paulo, Fernando de Noronha, e Trindade e Martim Vaz. Há também um complexo de pequenas ilhas e corais chamado Atol das Rocas.
Entendeu? --Slademsx 17:53, 7 xuño 2006 (UTC)
- Não, não, quis dizer que o recomendado é inserir o link uma só vez, preferencialmente quando a palavra aparece pela primeira vez. Mas não há problema de repetir a ligação no final do artigo ou no meio. Saudações, Slademsx 19:13, 7 xuño 2006 (UTC)
[editar] paulo ou pablo
Polo que sei en galego a única forma correcta é Paulo; Pablo é un castelanismo. Un saúdo.
[editar] PAES
Ola, fas un gran labor pola expansión da Galipedia. Non obstante, en concreto este artigo PAES presenta serios problemas por ser o seu autor orixinal historial orixinal (na wikipedia en español) un senador socialista por Soria, Félix Lavilla. A wikipedia baséase na independencia e no punto de vista de neutral, que alguén redacte un artigo no que está implicado contradi os principios da wikipedia. De feito na wikipedia inglesa xa tiveron problemas ao comprobarse que desde a Cámara de Representantes e do Senado dos Estados Unidos se modificaban artigos sobre os seus membros. Por todo iso penso que a páxina debera borrarse, estás de acordo?, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 21:21, 8 xuño 2006 (UTC)
- Xa está borrado, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 16:13, 9 xuño 2006 (UTC)
[editar] Zarqaui
Ampliei Abú Muzab al Zarqaui. Bótalle un ollo. --Xabier Cid 14:18, 10 xuño 2006 (UTC)
[editar] Assinatura
Martín, creio que a sua sig não está funcionando do jeito que deveria. Tente fazer isto:
[[User:Martín Fernández Calo|O Tin]] -- [[User talk:Martín Fernández Calo|Contradíceme se te atreves]]
O resulato é este: O Tin -- Contradíceme se te atreves (o negrito porque esta página é o próprio link). Saudações, Slademsx 18:41, 17 xuño 2006 (UTC)
- Hola Martín. Desculpe pela longa demora, não tenho visitado a Galipedia de um modo apropriado. Pelo menos fico feliz de saber que te ajudei com sua assinatura. Saudações, Slademsx 01:34, 30 xullo 2006 (UTC)
[editar] categorías
Preguntas sobre crear novas categorías cando comeces a traballar sobre o tema de Marte. A miña opinión é intentar ser coherente co que xa existe. No caso de traballar con categorías xa acordadas e votadas debémonos restrinxir a elas, pero no caso de terras incógnitas sen orde categorial, mellor intentar seguir un pouco o que xa existe co cal convén informarse/cheirar/navegar un pouco. Tanto neste caso coma se non existe nada feito dun tema determinado e o editor é especialista, sempre pode ir creando unha estrutura e ila sometendo a proposta e votación. Para colaborar Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías ou informarse: Wikipedia:Wikiproxecto Categorías. --Sobreira (responder) 14:50, 20 xuño 2006 (UTC)
[editar] Pergunta...
Sr. Martim, gostava de saber se você é galego ou gallego. Não estou a provocar, a sério. Desejo saber se sua postura é reintegracionista ou se você pensa que a Galiza tem que falar galego da RAG ou apenas castelhano.
Desde já agradeço.
- ¿E onde che respondo? --O Tin -- Contradíceme se te atreves 22:51, 1 xullo 2006 (UTC)
- Se queres podes darmo teu e-mail e responderche aí. É que desde que me chamaron a atención por opinar procuro non falar de nada disto aquí :-).
O seu e-mail não está ativado. Seria interessante se você pusesse algum hotmail disponível para onde pudéssemos contactar. Se for de sua vontade. Bem, apenas desejo saber a sua opinião a respeito do reintegracionismo, Galiza, língua galega, relação com a lusofonia.
Obs.: se quiser me responder no fórum da AGAL, esteja à vontade. Lá meu nickname é Ganesh.
[editar] Portada
O problema do número de artigos é do wiki, xa está corrixido. O do artigo destacado corresponde ao teu navegador, probablemente para corrixilo sexa suficiente con borrar a memoria caché do navegador para que non amose a versión antiga da páxina. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:07, 4 xullo 2006 (UTC)
- A dupla de nomes só se usa para os topónimos, no resto dos artigos non hai que facelo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:16, 4 xullo 2006 (UTC)
[editar] Pequeno aviso
Ola Martín. Un usuario anónimo fixo unha variación na túa páxina de discusión. Probablemente foses ti, pero, como máis vale previr ca lamentar, póñoche este enlace para que o revises, non vaia ser que fose outro: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Mart%C3%ADn_Fern%C3%A1ndez_Calo&curid=30671&diff=161539&oldid=158650. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:18, 8 xullo 2006 (UTC)
- Encontrei unha imaxe en Commons desa escultura (Image:Roma-musei capitolini-galata morente.jpg, ten calidade, pero é bastante escura. Se algunha vez non encontras algo, dimo. Xa lera o artigo dos gálatas e, ademais de interesante, arrepía o das inmolacións; chamoume moito a atemción. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:33, 9 xullo 2006 (UTC)
- Paréceme moi ben, se nos artigos que fixen eu comprobas algún erro ou discrepancia co que diga o libro que tes na casa dimo, eu farei o mesmo se vexo algo así nos artigos que fagas ti :)--Miñato 18:57, 19 xullo 2006 (UTC)
[editar] Sobor dos artigos de Gordiano III e Filipo o Ärabe
Seguro qie subin os artigos sen haberme rexistrado,pero xa estou rexistrado hai tempo na Galipedia,e levo dous meses facendo as biografias dos emperadores romanos,e vou continuar a facelo.Sinto non haberme rexistrado o rematar o artigo,non o esquencerei para a proxima.Os artigos son moi pequenos,pero as veces vou a Wikipedia en castelán o inglés pra mirar o que escriben por aló,e non son moito mais extensos que os que escribimos nos,asi que vou a continuar a facelño curtos e axeitados para todo o mundo,e non só para especialistas en historia.Como teño a intención de facer un amplo artigo sobor da Roma antiga,como fixen decote con Grecia,si tes algunha suxerencia,faima saber.Unha aperta e grazas por todo.Alexandre D.Ferreiro
[editar] Antroponimia
Ola! Non sabía eso de que as páxinas de homónimos non contan como artigos e creo q é unha boa idea a que me propós. Agora hai que levala á práctica. Deica. --AlberteSi, digame? 23:20, 20 xullo 2006 (UTC)
Se cres que é boa idea adiante, eu tamén estou de acordo en que teñan un formato unitario.--Miñato 16:55, 21 xullo 2006 (UTC)
[editar] user:Sobreira
[editar] en:Image:Prince Maurice at the Battle of Nieuwpoort.jpg
Non hai problema para subila. Hai que poñer unha ligazón á páxina que da que se recolle (http://en.wikipedia.org/wiki/Image:Prince_Maurice_at_the_Battle_of_Nieuwpoort.jpg) e a licenza {{PD-old}}. Se non a sobre ti, mañá fágoo eu, agora vou deitar. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:18, 14 agosto 2006 (UTC)
- Xa está subida: Image:Prince Maurice at the Battle of Nieuwpoort.jpg. Se queres que mire ou suba algunha outra, dimo.
Non debes ter dúdida de se se poden subir algunhas imaxes. Aquelas que poñen que están no dominio público (PD) ou son GFDL (é dicir non teñen copyright) pódense subir todas. Se encontras unha imaxe na wikipedia inglesa subida polo propio autor (self made), na Galipedia a licenza ponse así (hai que substituír o que está en verde):
- {{GFDL-user-w|en|English Wikipedia|Nome do usuario sen a pallabra User:}}
- {{PD-user-w|en|English Wikipedia|Nome do usuario sen a pallabra User:}}
Sexa como sexa, se o prefires, fágoo eu. En caso de que cometas un erro, corríxese e xa está, non pasa nada. Son cousas normais. As túas colaboracións, ademais de excelentes, son moitas e, cantas máis, máis doado é confundirse algunha vez. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 08:59, 14 agosto 2006 (UTC)
[editar] Categorías
Pasoume desapercibida a túa pregunta en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Categorías. Acabo de contribuír e exemplificar ademais co que me acaba de pasar, pois acabo de crear unha categoría. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:42, 17 agosto 2006 (UTC)
[editar] Tradutor da Univ de Vigo
- Ola. Acábaseme de ocorrer agora ó ver que estás traducindo, ¿supoño que coñecerás esta páxina: http://sli.uvigo.es/tradutor/http://sli.uvigo.es/tradutor/ ? Non é ningunha marabilla, vana mellorando pouco e pouco, comete erros, pero Non é ningunha marabilla, vai mellorando, comete erros pero a axudaaxudaNon é ningunha marabilla, vai mellorando, comete erros pero axuda. --Lmbuga Commons - Galipedia 18:52, 17 agosto 2006 (UTC)
Fai cousas mal, por exemplo traduce París por parides (verbo parir). E hai que reparar na colocación dos pronomes, seu/súa, dous/dúas...
[editar] Wikipedia:Xornal da Galipedia
Ola Martín Fernández Calo!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)
- Non te preocupes por que sexan pequenas as contribucións. Fai o que poidas. O que fagas será benvido. Ademais, xa estás máis ca iniciado para desenvolverte correctamente e, aínda que sexa menos tempo o que dediques, sempre será proveitoso. Sexa como sexa, te-lo meu agradecemento --Lmbuga Commons - Galipedia 22:42, 17 setembro 2006 (UTC)
[editar] Nome de usuario
Paréceme que ata agora non che deixara ningunha mensaxe de agradecemento polas túas contribucións, quero aproveitar esta ocasión para facelo. En canto ao cambio de nome de usuario non é ningún problema, poñome a facelo agora. Sobre o número de edicións, é normal que haxa períodos de maior ou menor actividade. Sabemos que estás aí disposto a axudar, moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:53, 18 setembro 2006 (UTC)
[editar] Hitita
Recuperei a túa proposta de artigo destacado Hitita. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:30, 27 setembro 2006 (UTC)
[editar] cambio
Fíxenche este cambio na páxina de usuario porque tiñas mal a ligazón. --Sobreira (parlez) 20:00, 15 outubro 2006 (UTC)
[editar] 20.000 artigos
Ola Tinsiño. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:50, 6 decembro 2006 (UTC)
[editar] a outra Galiza
movín Galitzia para Galitsia porque, como digo nos motivos, é máis respectuosa co orixinal polaco. --Sobreira (parlez) 02:50, 6 decembro 2006 (UTC)