Troita
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Troita | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||
Clasificación Científica | ||||||||||
|
||||||||||
Xéneros | ||||||||||
Oncorhynchus Salmo Salvelinus |
A troita é un peixe de forma alongada, pertencente á mesma familia do salmón (Salmonidae). Pode ter até cerca de 60 cm de comprimento total e pesar até 2kg. O dorso ten cor que varía do verde ao castaño, sendo as laterais acinzentadas e a parte inferior esbranquizada. Ten pintas escuras nas nadadeiras e no corpo.
É orixinaria do hemisferio norte: Estados Unidos e Canadá, tendo sido, no entanto, introducida en todos os continentes. No Brasil, a sua introdución ocorreu principalmente nos ríos dos planaltos das rexións Sudeste e Sur. Unha característica que fai que a Troita non sexa mais deseminada é o feito de que se as augas do seu hábitat non foren cristalinas, frescas, puras e ben oxixenadas ela non sobrevive. Estas características son encontradas principalmente en ríos de montañas.
É unha especie carnívora, alimentandose de insectos e outros peixes.
A crianza de troitas comezou no Brasil en 1949. Os primeiros ovos consta teren sido importados da Dinamarca. Ben adaptada ás frias corredeiras, ríos e regatos de rexións montañosas como as da Serra da Mantiqueira (estados de Minas Gerais, São Paulo e sur do Rio de Janeiro) e nas serras do leste dos estados de Santa Catarina e Rio Grande do Sul. Nestas rexións foron montadas moitas truticulturas, sendo a especie mais comun a troita arco-iris (Oncorhynchus mykiss). Na opinión dos truticultores poderiase dicir que a primeira necesidade para unha crianza eficiente de troitas é o aporte abundante de agua de boa calidade, que significa un fluxo en torno de 1000 m³/dia, pH neutro ou lixeiramente alcalino, mais de 20 mg de oxixeno por litro de agua, unha temperatura inferior a 15°C e a ausencia de cloro e nitratos na agua, entre outros contaminantes).
[editar] Especies
- Troita prateada, extinta por volta de 1950.
- Troita arco-iris