Trombón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Instrumento de vento metal cun tubo de sección cilíndrica, boquilla de copa e mecanismo de corredeira. O seu antecedente é a bocina romana.
Inventouse ao redor do ano 1400 como unha mellora da trompeta e foi construído en varios tamaños. Os trombóns máis comúns foron os contralto, tenor e baixo. Con excepción do maior grosor do metal e do pabellón máis estreito, o que supón un son máis brando e delicado, o trombón antigo era case idéntico ao de agora.
Coñecíase co nome de sacabuche (polo parecido cunha arma do mesmo nome), foi un instrumento moi apreciado na música relixiosa e da música de cámara. Perdeu importancia cara o 1700 menos nas bandas das grandes cidades e recuperárono as grandes bandas militares a comezos do século XVIII. Foi entón cando se ampliou o pavillón até o tamaño actual. Os trombóns con válvulas apareceron a principios do século XIX en Viena pero considéranse de menor calidade e tenden a desaparecer.
Coa corredeira cerrada o trombón tenor en si bemol produce o si bemol 1 como nota fundamental ou pedal e, na mesma posición, toda a serie armónica desta nota pedal (como o fliscorno ou a trompeta natural).
A corredeira abrese en seis posicións máis, cada unha ca serie armónica da súa fundamental. A extensión vai dende o mi 2 até o si bemol 4 máis catro notas pedal (si bemol 1, la 1, la bemol 1 e sol 1; as pedais por debaixo destas son difíciles de producir). A música orquestral usa un trombón baixo en fa (con frecuencia sustituido por un trombón tenor-baixo en si bemol/fa, que ten unha válvula para cambiar o tubo a si bemol).