Wilhelm Röntgen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Wilhelm Conrad Röntgen (Lennep; 27 de marzo de 1845 - 10 de febreiro de 1923) foi un físico alemán, da Universidade de Würzburg, que o 8 de novembro de 1895 produciu radiación electromagnética nas lonxitudes de onda correspondente ós actualmente chamados Raios X.
O 5 de xaneiro de 1896, un xornal austríaco informou que Röntgen descubrira un novo tipo de radiación. Röntgen foi premiado co grao honorario de Doutor en Medicina pola Universidade de Wurzburgo despois de que descubrise os Raios X.
Grazas ao seu descubrimento foi galardonado co primeiro Premio Nobel de Física en 1901. O premio concedeuse oficialmente: "en recoñecemento dos extraordinarios servizos que brindou para o descubrimento dos notables raios que levan o seu nome." Röntgen doou a recompensa monetaria á súa universidade. Da mesma forma que Pierre Curie faría varios anos máis tarde, rexeitou rexistrar calquera patente relacionada ao seu descubrmiento por razóns éticas. Tampouco quixo que os raios levasen o seu nome. Con todo en Alemania o procedemento da radiografía chámase "röntgen" debido ao feito de que os verbos alemáns teñen a desinencia "en".
Tamén no seu honor recibe tal nome a unidade de medida da exposición á radiación, establecida en 1928: ver Roentgen (unidade).
[editar] Educación
Röntgen naceu en Lennep, Alemania, fillo dun texedor. A súa familia mudouse aos Países Baixos cando el tiña tres anos. Recibiu a súa educación primaria no Instituto de Martinus Herman van Doorn. Logo asistiu á Utrecht Technical School, desde onde foi expulsado por realizar unha caricatura dun dos seus profesores, acto que negou cometer.
En 1865, asistiu á Universidade de Utrecht. Logo foi admitido aos estudos na Politécnica de Zurich para estudar enxeñaría mecánica sen ter o título de ingreso de bachiller. En 1869, obtivo o doctorado pola Universidade de Zurich.
[editar] Carreira
En 1874 transformouse en conferencista na Universidade de Estrasburgo e en 1875 chegou a ser profesor da Academia de Agricultura de Hohenheim, Wurtemberg. En 1876, voltou a Estrasburgo como profesor de Física e en 1879, chegou a ser o xefe do departamento de física da Universidade de Giessen. En 1888, transformouse no físico xefe da Universidade de Würzburg e en 1900 no físico xefe da Universidade de Munich, por petición especial do goberno de Baviera onde permaneceu.
O 8 de novembro de 1895 descobre os raios X, gañando o premio Nobel no ano 1901. Os raios X comezáronse a aplicar en todos os campos da medicina entre eles o urológico. Ó ano do primeiro informe de Roentgen escribíronse 49 libros e máis de 1.200 artigos en revistas científicas sobre o tema. Despois, Guyon, McIntyre e Swain utilizaron a radioloxía para a diagnose da enfermidade litiásica. É un dos puntos culminantes da medicina de finais do século XIX, sobre o cal baseáronse numerosas diagnoses de entidades nosológicas ata ese momento difíciles de diagnosticar.
[editar] Ver tamén
- Heinrich Rudolf Hertz
- Roentgen (unidade)