Xabarín Club
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG. Comezou a súa andaina o 18 de abril de 1994, o programa inclúe series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia. A Cantar co Xabarín é unha serie de 5 CD gravados por grupos galegos significativos, tales coma Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Nación Reixa, Os Diplomáticos de Monte Alto, The Killer Barbies e tamén portugueses e africanos para o programa. Na segunda metade dos 1990s converteuse nun fenómeno social con máis de 100.000 rapaces afiliados (83.065 afiliados activos en 2004) e as Xabaxiras (1998), concertos da música do programa, que viron milleiros de nenos e nenas galegos.
[editar] Presentadores
Primeiras Tempadas:
- Voz do Xabarín: Antón Durán "Morris"
- Doutor TNT: Carlos Portela
- Silvia Superstar (cantante de The Killer Barbies)
- Manolo Romón
- Manuel Manquiña
Tempadas actuais:
- Voz do Xabarín: Juanillo Esteban
- Manolo Romón
- Luis Tosar
- Xavier Viana
- Esteban Yáñez "Arroz Hacker" (Pepiño da A.R.S.I. en Pratos Combinados)
[editar] Personaxes animados
- Xabarín, realizado por Miguelanxo Prado
- Uxía
- Xonxa
- Carolo
[editar] Series de debuxos animados
- Os vixilantes do camiño
- Os Picapedra
- Tom e Jerry
- Doraemon
- Rocky e Bullwinkle
- Patrulla-X
- A Formiga Atómica
- As Tartarugas Mutantes
- Os novos Catro Fantásticos
- Os Teletubbies
- As tres Xemelgas
- Os Supersónicos
- A meiga aborrecida
- As Bólas Máxicas
- Evangelion
- Tom e Jerry
- Shin Chan
- Kochikame
- Martin Mystery
- O Detective Conan
- Spirou
- Sailor Moon
- Falcóns do espacio
- Código Lyoko
- Beyblade
- Marsupilami
- Kiteretsu, o primo listo de Nobita
- Os tolos do volante
- A máscara