Zara
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos, vexa: Zara (homónimos)
Zara é unha cadea de tendas de moda galega pertencente ao grupo Inditex.
Foi fundada por Amancio Ortega. É a cadea insignia da empresa e está representada en Europa, América, África e Asia con 990 tendas en 65 países, delas 31 en Galiza. A súa sede central é Arteixo.
Índice |
[editar] As tendas e as cifras
Zara é a cadea máis importante do grupo Inditex, a que está en máis países e a que é máis coñecida. En 2006 agardaba abrir 140 novas tendas [1], practicamente unha cada dous días, o que representou a terceira parte de todas as novas aperturas do grupo. A súa primeira tenda abriuna o propio Amancio Ortega na Coruña en 1975.
En 2004, a súa cifra de negocio foi de 3.819,6 millóns de euros e representaba o 67,8% das vendas de Inditex.
[editar] Modelo de negocio
Zara ofrece roupa de tendencia, cunha calidade media e a un prezo asequible. O seu público é feminino, masculino e infantil. Existe unha cadea específica que, co nome de Zara Home traballa no sector da moda de fogar. O modelo empresarial empregado nesta concepción do negocio permite dar resposta aos gustos do cliente nun tempo récord. Con máis de 200 deseñadores, as últimas tendencias séguense nas tendas, a pé de rúa e nas constantes viaxes a feiras internacionais. Así, Zara é capaz de deseñar, producir e distribuír unha colección a calquera parte do mundo dúas veces por semana en cada tenda[2]. A distribución realízase en tendas propias, estratexicamente situadas nos centros e zonas comerciais das cidades, onde se coida ao máximo ao escaparatismo e o deseño interior.
[editar] Mercado e clasificacións
En agosto de 2005, entrou por primeira vez na lista das 100 maiores marcas do mundo, situándose no posto 77º, segundo a clasificación anual da revista Business Week e a consultora Interbrand. A marca galega aparece valorada en 3.051 millóns de euros e supera no ranking a grandes grupos como Hermès, Prada ou Armani.
En xaneiro de 2006, un estudo da revista estadounidense Brandchannel sinalaba que Zara era unha das marcas que máis impacto causaba na rede, e colocábaa de cuarta no ranquin europeo[3], por detrás de Ikea, Skype e Nokia e de 14ª no ranquin mundial[4].
[editar] Citas
O diseñador de Louis Vuitton, Daniel Piette, describiu a Amancio Ortega como "posiblemente o minorista máis innovador e máis arrasador do mundo".
[editar] Ligazóns externas
[editar] Galería de imaxes
Estabelecemento de Zara en Dundee (Escocia), no cruzamento das importantes rúas comerciais High Street e Reform Street. |
[editar] Referencias
Empresas do grupo Inditex |
Bershka | Kiddy's Class-Shkuaban | Massimo Dutti | Often | Oysho | Pull and Bear | Stradivarius | Zara | Zara Home | Tempe |