Inditex
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tipo | |
---|---|
Lema | {{{lema_compañía}}} |
Fundada | 1985 |
Localización | Arteixo, A Coruña |
Persoas clave | Amancio Ortega |
Industria | Textil |
Productos | |
Beneficio | 6.741 millóns de € (2005) |
Beneficio Operativo | |
Beneficio Neto | 803 millóns de euros (2005) |
Empleados | 60.000 |
Páxina Web | http://www.inditex.com |
{{{notas}}} |
INDITEX (Industrias de Diseño Textil Sociedad Anónima) é un grupo galego de fabricación e distribución téxtil. É o primeiro grupo europeo e o segundo mundial de confección e roupa. Ten a súa sede central en Arteixo, A Coruña.
Índice |
[editar] Historia
En 1963 Amancio Ortega fundou unha empresa dedicada á fabricación de prendas de vestir, denominada Goa. Non foi porén ata 1975 cando abriu a primeira tenda baixo a denominación Zara nunha céntrica rúa da Coruña. Durante os dez anos seguintes, a cadea extendeuse rápidamente por toda España e en 1985 creouse INDITEX coma cabeceira do grupo de empresas, que medrou progresivamente ata contar con varios centros de fabricación, que distribuían os seus produtos a distintos países europeos, abrindo tendas no Porto (1988), Nova York (1989) e París (1990).
No ano 1991 o grupo expandiuse coa creación da cadea de tendas Pull and Bear e a adquisición do 65% da cadea Massimo Dutti, merca que se completou en 1995. Tamén se creou Kiddy's Class, unha cadea de tendas de roupa para nenos. Bershka abriu as súas portas en 1998 e ao ano seguinte merca Stradivarius.
2001 converteuse nun ano importante para o grupo, coa apertura de Oysho e a saída a bolsa do grupo o 23 de maio por un valor total dun billón de pesetas. Dous meses despois o grupo xa formaba parte do selecto Ibex 35. A expansión do grupo seguiu ata hoxe en día.
[editar] Beneficios
O grupo Inditex facturou no ano 2005 uns 6.741 millóns de euros, un 25% máis que o ano anterior, convertindose así no primeiro grupo textil europeo (superando por primeira vez á empresa sueca H&M ) e segundo do mundo detrás da empresa norteamericana GAP. O beneficio neto do grupo acadou os 803 millóns de € nese ano. En 2006 o beneficio do grupo situouse nos 1002 millóns de €, cun volume de negocio de 8.196 millóns de €[1].
[editar] Empresas do grupo
Cadea | nº de tendas |
Zara | 1005 |
Pull and Bear | 435 |
Massimo Dutti | 398 |
Bershka | 437 |
Stradivarius | 312 |
Oysho | 206 |
Zara Home | 153 |
Kiddy's Class - Skhuaban | 189 |
TOTAL | 3135 |
Ademais, o grupo integra tamén diversas empresas que non teñen tendas de seu, como Zara Logística ou Tempe, de produción de calzado. Número de tendas en marzo de 2007.
[editar] Ligazóns externas
[editar] Referencias
Empresas do grupo Inditex |
Bershka | Kiddy's Class-Shkuaban | Massimo Dutti | Often | Oysho | Pull and Bear | Stradivarius | Zara | Zara Home | Tempe |