Albrecht Dürer
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Albrecht Dürer (21 de maio, 1471 – 6 de abril, 1528) foi un pintor alemán, gravador e matemático. Naceu en Nuremberg, obras súa amplamente coñecidas son a Apocalipse (1498) e as súas dúas series da crucifixión de Cristo, a Gran Pasión (1498–1510) e a Pequena Pasión (1510–1511).
Dürer amosaba un dominio completo das distintas técnicas para o gravado, a fantástica e abundante mitoloxía, a factura minuciosa e detallada na que empregaba unha coidada perspectiva e ricos efectos de luz e sombra.
Como pintor a súa formación no gótico serodio fixo que amosase unha tendencia á dureza e á expresividade, así como un gran virtuosismo formal, nas viaxes a Italia interesouse polas preocupacións teóricas pola perspectiva e as proporcións do corpo humano.