Aspartamo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O aspartamo é un edulcorante artificial non carbohidrato; quimicamente é aspartil-fenilalanina-1-metil éster. A súa hidrolización produce ácido aspártico, metanol e fenilalanina. Está presente en aproximadamente 6.000 bebidas e alimentos usados en todo o mundo. Na industria alimenticia denomínase E 951-Números E.
É 160 veces máis doce que o azucre sacarosa e posúe un valor enerxético de 4 calorías por gramo, totalmente metabolizado polo organismo. A inxesta máxima diaria é de 40 mg/kg, xa que grandes doses poden resultar tóxicas para os seres humanos.