Bretaña - Breizh
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre a rexión administrativa francesa. Para outros usos vexa Bretaña (homónimos).
A Bretaña é unha rexión administrativa do oeste da Francia cunha larga costa litoral entre o Canal da Mancha e mailo Océano Atlántico. O seu nome en bretón é Breizh, normalmente abreviado para BZH. Os seus habitantes chámanse Bretóns.
Breizh Bretagne Bretaña |
|
---|---|
Informacións | |
Capital: | Rennes (bretón: Roazhon) |
Poboación
|
|
Área | 27 208 km² |
Arrondisements | 15 |
Cantóns | 201 |
Comunas | 1 268 |
Presidente do consello rexional |
Jean-Yves Le Drian |
Departamentos | |
Localización dos pobos bretóns | |
Índice |
[editar] Historia
- Artigo principal:Historia de Bretaña
Despois da conquista da Galia polos Romanos, a Bretaña facía parte da Armórica (aremoricae – que está fronte ao mar). Cerca de 500 d.C., os bretóns da illa da Bretaña (a Gran Bretaña actual), atacados polos anglo-saxións emigraron para aí, traendo os seus costumes e lingua. A rexión pasou a se designar Bretaña coa súa chegada. Moitos designanna, tamén, de Pequena Bretaña, por oposición á illa de onde proceden. No inicio da Idade Media, a Bretaña dividiuse en tres reinos - o Domnonée, a Cornualla, e o Bro Waroch - que foron incorporados ao Ducado da Bretaña.
O Ducado da Bretaña estivo independente do reino de Francia ata 1532. Mantivo os seus privilexios (lexislación e impostos proprios) ata a Revolución Francesa. A Bretaña histórica, que tivo por capital Nantes(bretón: Naoned), dividiuse en 1790 en cinco departamentos:
- Côtes-du-Nord (hoxe, Côtes-d'Armor);
- Finisterre;
- Îlle-et-Vilaine;
- Morbihan;
- Loire-Inferior (Hoxe, Loire-Atlantique (bretón: Liger-Atlantel)).
[editar] Política
No momento da creación das rexións administrativas francesas, en 1956, só os catro primeiros departamentos facían parte da Bretaña administrativa. O Loire-Atlantique estaba incluído no Pays de la Loire. Esta mudanza foi contestada, e aínda o é, por unha parte dos bretóns. De acordo cunha sondaxe de 1998, 62% dos habitantes Loire-Atlantique desexaban a unión administrativa do seu departamento á rexión da Bretaña.
[editar] Xeografía
É a rexión francesa con maior costa litoral. Distinguense tradicionalmente as rexións costeiras (o Armor - o mar) das rexións centrais (o Argoat - floresta).
[editar] Economía
A economía centrase na agricultura, na indústria agro alimentar, no turismo estival, xunto á zona costeira e nalguns pólos tecnolóxicos avanzados (Rennes, Lannion (bretón: Lannuon)).
[editar] Relixión
Ben antes dos Celtas, as primeiras poboacións erixiron ahí monumentos megalíticos, como os menires e os dolmes. Non é pacífico que estes monumentos tivesen significado relixioso, mais é moito probable que si. A relixión druídica expandiuse coa chegada dos Celtas, tanto na Galia como nas illas británicas. A dominación da península da Bretaña polos Romanos non deixou grandes marcas na relixión destes pobos. Con o fín da Galia romana, as tribos que se establecen na Armórica, vindas da Gran-Bretaña, tracen consigo unha nova relixión – o cristianismo - que irá suplantar progresivamente as outras crenzas tradicionais. Con todo, o paganismo druídico coexistirá durante moito tempo coa relixión dominante, de forma máis ou menos pacífica. Aínda hoxe existe un grande acervo de lendas e tradicións locais que evocan prácticas relixiosas druídicas. Os cristiáns da Bretaña son, maioritariamente, católicos. A santa padroeira da Bretaña é Santa Ana, que é presentada pola tradición como a nai da Virxe María, nai de Xesús.
[editar] Cultura
[editar] Lingua
A Bretaña é composta, en termos históricos, por dúas áreas linguísticas: a Baixa-Bretaña ou Breizh Izel, a oeste (Finisterra, Morbihan e a parte occidental de Côtes-d’Armor) onde se fala unha lingua céltica, do grupo britónico (parente do galés e ao córnico) designada como bretón (ou bretón armórico); e a Alta-Bretaña ou Breizh Uhel, a leste (Îlle-et-Vilaine, Côtes-d’Armor e Loire-Atlantique) onde se fala un dialecto románico (langues d’oïl) coñecido como galó. A hexemonía da lingua francesa, porén, case fixo desaparecer estas linguas, como aconteceu, aliás, con outras linguas rexionais, sobre todo a partir do fín do século XIX. No entanto, o bretón tivo un certo renacimento despois da Segunda Guerra Mundial, cun surto importante a partir da década de 1970. Os defensores do bretón comezaranse a ouvir a partir da década de 1990. Os dados fornecidos polo inquérito Etude de l'histoire familiale efectuado polo organismo INSEE en 1999 indican máis de 260.000 falantes do bretón con máis de 18 anos nos 5 departamentos da Bretaña (incluindo o Loire-Atlantique) e 295.000 no resto da Francia. Acrescentanse a estes os alumnos de escolas bilingues (8.874 alunos no inicio do ano lectivo de 2003/2004), alén dos alumnos que aprenden bretón en establecimentos públicos de primaria (máis de 7.600 en 2002/2003) ou do secundario (máis de 8.000 en 2002/2003).
[editar] Música
A nivel musical, a tradición (de raíces celtas) da música de danza cantada (kan ha diskan, ou canto e contra-canto) ou interpretada simultaneamente con dous instrumentos tradicionais da Bretaña : o biniou (tipo de gaita do fole, tamén chamada de cornamusa bretoa) e a bombarda (tipo de oboé) é moito tocada, tanto na Alta como na Baixa Bretaña. Os bailarins xúntanse nas chamadas festoù-noz (sing. fest-noz "festa nocturna") ou nas festoù-deiz (sing. fest-deiz "festa diurna").
[editar] Ligazons externas
|
||
Francia metropolitana : Alsacia · Aquitania · Auvergne · Borgoña · Bretaña · Centro · Champagne-Ardenne · Córsega · Franco-Condado · Illa-de-Francia · Languedoc-Roussillon · Limousin · Lorraine · Midi-Pyrénées · Nord-Pas-de-Calais · Baixa-Normandía · Alta-Normandía · País do Loira · Picardía · Poitou-Charentes · Provenza-Alpes-Costa Azul · Rhône-Alpes |
||
Rexións de ultra-mar : Guadalupe · Guyane · Martinica · Reunión |