Camembert (queixo)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Camembert é o nome dun queixo orixinaria da rexión da Normandía, Francia. O nome vénlle precisamente da vila normanda chamada Camembert.
A súa invención atribúeselle a Marie Harel, natural da rexión de Brie, quen a través dunha adaptación da técnica da fabricación do brie, criou unha nova variedade, feita dunha masa mol que non se coce nin se espreme.
Entre as variedades de camembert máis coñecidas están o camembert de Normandía, que ten denominación de orixe, o camembert de granxa ou o camembert ao calvados.