New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Capela Sistina - Wikipedia

Capela Sistina

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Creación de Adán
A Creación de Adán

A Capela Sistina é unha capela localizada no Palacio Apostólico, ao norte da Basílica de San Pedro, no Vaticano. Foi construída a partir de 1475 e inaugurada o 9 de agosto de 1483 polo Papa Sisto IV. O interior foi redecorado a partir de 1508, baixo encomenda do Papa Xulio II, con frescos de Michelangelo Buonarroti, entre os que se atopa a célebre Creación de Adán. Michelangelo terminou o seu traballo en 1541, xa baixo o pontificado de Paulo III, coa conclusión da representación do Xuízo Final, sobre o altar.

É tamén famosa por ser o local onde se reúnen os conclaves e se fan certas cerimonias, como as coroacións papais.

A capela ten forma rectangular (40,93 m por 13,41 m, as dimensións do Templo de Salomón, tal como veñen descritas no Antigo Testamento). Ten 20,70 metros de altura e 6 xanelas.

Despois das obras de restauración entre 1981 e 1994, que lle restauraron o brillo orixinal do tempo de Michelangelo, voltou a capela a estar aberta ao público que visita o Museo do Vaticano. A pintura do teito da Capela Sistina está no filme Agonía e Éxtase.

Índice

[editar] Contexto histórico

Ver artigo principal: Renacemento.

A virada do Quattrocento para o Cinquecento foi un dos momentos máis marcantes para a Historia da Arte Occidental, quizabes mundial. Italia, con epicentro en Florenza, deu ao mundo unha ampla gama de xeniais artistas.

Sisto IV, por Melozzo da Forlì
Sisto IV, por Melozzo da Forlì

A Capela Sistina é un dos locais máis propicios para aquilatar a dimensión desta explosión creativa. Para a súa feitura concorreron os maiores nomes dos que dispuña Italia no momento.

Sisto IV, como parte da política que emprendía para o restablecemento do prestixio e fortalecemento do papado, convocou en Roma os maiores artistas de Italia. Florenza era o centro de excelencia até entón. De alí e de Úmbria viñeron os maiores nomes, feito que deslocaría a Roma como capitalidade cultural, que atinxiría o cénit algunhas décadas despois, coa elección de Xulio II para ocupar a Cátedra de San Pedro. Para a historia da cultura o significado do proxecto e construción da Sistina é inmenso, xuntamente coas demais obras encomendadas por Sisto IV. Non somentes porque marca o deslocamento da capitalidade cultural para Roma, senón por se tratar do ciclo pictórico de maior relevo de Italia no final do século XV, “constituíndo alén diso un documento inapreciable para observar as virtudes e os límites da pintura do Quattrocento[1].

Con excepción de Ghirlandaio, os pintores que nela deixaron o seu talento avanzaron coa súa obra ó século seguinte e os xenios que mudaron os rumbos da pintura no período están todos estreitamente relacionados con eles: Ghirlandaio fora mestre de Michelangelo; Rafael aprendiz de Pietro Perugino; e polo atelier de Andrea del Verrocchio pasaron: Leonardo, Perugino e Sandro Botticelli.

[editar] Arquitectura e decoración

Baccio Pontelli foi o autor do proxecto arquitectónico para a construción da capela. Este florentino era un dos responsabless da reformulación e revitalización urbanística que Sisto IV efectuaba en Roma, tendo realizado decenas de obras públicas.

Vista externa da Capela Sistina do alto da Basílica de San Pedro
Vista externa da Capela Sistina do alto da Basílica de San Pedro

No proxecto, construído coa supervisión de Giovannino de Dolci entre 1473 e 1484, emprestaron os seus dones: Perugino, Botticelli, Ghirlandaio, Rosselli, Signorelli, Pinturicchio, Piero di Cosimo, Bartolomeo della Gatta, Rafael e outros. Coroando este festival, algúns anos despois, un dos maiores xenios artísticos de todos os tempos: Michelangelo Buonarroti.

As dimensións do proxecto de Baccio Pontelli tiveron como inspiración as descripcións contidas no Antigo Testamento relativas ao Templo de Salomón. A súa forma é rectangular medindo 40,93 m de lonxitude, 13,41 m de largura e 20,70 m de altura. Os numerosos artistas vestiron o seu interior, esculpindo e pintando as súas paredes, transformándoa nun estupendo e célebre lugar coñecido en todo o mundo polas marabillosas obras de arte que encerra.

Unha finísima transenna de mármore, no que traballaron Mino de Fiesole, Giovanni Dálmata e Andréa Bregno, divide a capela en dúas partes desiguais. Os mesmos artistas levaron a cabo a construción do coro.

Internamente, as paredes, divididas por cornixas horizontais, presentan 3 niveis:

  • o primeiro nivel, xunto ao chan en mármore - que, nalgúns sectores, presenta o característico marchetado cosmatesco - simula refinadas tapezarías. No lado dereito, próximo á transenna está o coro;
  • o intermedio é onde figuran os frescos narrando os episodios da vida de Cristo e de Moisés. A cronoloxía iníciase a partires da parede do altar, onde se encontraban, antes da feitura do Xuízo Final de Michelangelo, as primeiras escenas e un retablo de Perugino representando a Virxe da Asunción, a quen foi adicada a capela.
  • o andar máis alto, onde están as pilastras que sustentan os pendentes do teito. Encima da cornixa están situadas as lunettes, entre as que foron colocadas as imaxes dos primeiros Papas.

[editar] Frescos

Ver artigo principal: Frescos da Capela Sistina.

Frescos inspirados en escenas do Antigo e Novo Testamento decoran as paredes laterais, así como o teito.

A Entrega das Chaves a San Pedro - Perugino
A Entrega das Chaves a San Pedro - Perugino

Precisamente, na parede esquerda, a partir do altar, están as escenas do Antigo Testamento a representar:

  • 1 – Moisés a camiño de Exipto e a circuncisión dos seus fillos, obra de Pinturicchio;
  • 2 – Escenas da Vida de Moisés, de Botticelli;
  • 3 – Pasaxe do Mar Vermello, de Cosimo Rosselli;
  • 4 – Moisés no Monte Sinaí e a Adoración do Becerro de Ouro, de Rosselli;
  • 5 – O Castigo de Korah, Natan e Abiram, de Botticelli;
  • 6 – A Morte de Moisés, de Lucas Signorelli.

Na parte dereita, tamén a partir do altar, as escenas do Novo Testamento:

  • 1 – O Bautismo de Xesús, de Pinturicchio;
  • 2 – Tentación de Cristo e a Purificación do Leproso, de Botticelli;
  • 3 – Vocación dos Apóstolos, de Ghirlandaio;
  • 4 – Sermón da Montaña, de Rosselli,
  • 5 – A Entrega das Chaves a San Pedro, de Perugino;
  • 6 – A Derradeira Cea, de Rosselli.

Entre as xanelas, seis de cada lado, figuran 24 retratos de Papas, pintados por Botticelli, Ghirlandaio e Frai Diamante. Na bóveda están os famosos frescos de Michelangelo, pintados entre 1508 e 1512. O mesmo artista realizaría entre os anos de 1535 e 1541, na parede do altar, o Xuízo Final.

Rafael realizou unha serie de tapezarías que, en ocasións especiais, visten as paredes.

[editar] As escenas de Botticelli

Botticelli, o talentoso discípulo de Filippino Lippi, exercía o seu oficio en Florenza. Chamado a Roma por Sisto IV para a decoración da capela, alí executou entre 1481 e 1482 algúns frescos: O Castigo de Korah, Dathan e Abiram; Tentación de Cristo e a Purificación do Leproso e Escenas da Vida de Moisés.

Escenas da Vida de Moisés, fresco de medidas 348 cm x 558 cm, é a obra máis complexa. Botticelli tivo que se empeñar para entrelazar os diversos episodios que alí figuran nunha narrativa ben articulada. O cadro ten certas irregularidades. É máis apreciado en virtude de detalles aillados que polo conxunto. Os episodios están narrados no Libro do Éxodo, capítulos II, III e XIII.

O Castigo de Korah, de medidas 348,5 cm x 570 cm, é a representación da narrativa contida no Libro dos Números, capítulo XVI, onde Korah, subleva 250.000 hebreus contra a autoridade de Moisés e do seu irmán Aarón.

Tentación de Cristo e a Purificación do Leproso, de medidas 345,5 cm x 555 cm, ilustra as 3 tentacións de Cristo no deserto e a cura do leproso narradas no Evanxeo de Mateo, capítulos IV e VIII. No centro do cadro vese o edificio do Hospital do Santo Espírito mandado construír por Sisto IV.

[editar] O Teito da Capela Sistina (Michelangelo)

Ver artigo principal: Teito da Capela Sistina.
Vista do teito da Capela Sistina, proxectada por Michelangelo
Vista do teito da Capela Sistina, proxectada por Michelangelo

Na realización desta grandilocuente obra concorreron amor e odio. Michelangelo tería feito este traballo contrariado, convencido que era máis un escultor que un pintor. Encarregado polo Papa Xulio II, sobriño de Sisto IV, de pintar o teito da capela, xulgou ser unha conspiración dos seus rivais para desvialo da obra para a cal fora chamado a Roma: o mausoleo do Papa. Mais dedicouseá tarefa e o fixp con tanta mestría que praticamente ofuscou as obras primas de seus antecesores na empresa. Os frescos no teito da Capela Sistina son, de feito, un dos maiores tesouros artísticos da humanidade.

Diagrama
Diagrama

É difícil acreditar que teña sido obra dun só home, pois dispensara os asistentes que contratara inicialmente, insatisfeito coa produción destes, e que mesmo aínda atoparía forzas para retornar ao local, dúas décadas despois, e pintar na parede do altar, sacrificando, inclusive, algúns frescos de Perugino, o Xuízo Final, entre 1535 e 1541, xa baixo o pontificado de Paulo III.

A superficie da bóveda foi dividida en áreas concibíndose arquitectonicamente o traballo de maneira que resultase nunha articulación do espazo entremado por piares. Nas áreas triangulares colocou as figuras de profetas e sibilas; nas rectangulares, os episodios do Xénese. Para entender estas últimas débese atender para as que tocan a parede do fondo:

  • Deus separando a Luz das Tebras;
  • Deus creando o Sol e a Lúa;
  • Deus separando a terra das augas;
  • A Creación de Adán;
  • A Creación de Eva;
  • O Pecado Orixinal e a Expulsión do Paraíso;
  • O Sacrifício de Noé;
  • O Diluvio Universal;
  • Noé Embriagado.

[editar] O Xuízo Final (Michelangelo)

Ver artigo principal: Xuízo Final (Michelangelo).
O Xuízo Final
O Xuízo Final

A parede do altar foi destinada a conservar a maior pintura na cal Michelangelo dedicou, desde 1534, todo seu enxeño e forza: o Xuízo Final.

O fresco ocupa enteiramente a parede de detrás do altar. Para a súa execución, dúas xanelas foron pechadas e algunhas pinturas da época de Sisto IV apagadas: os primeiros retratos de Papas; a primeira escena da vida de Cristo e a primeira da vida de Moisés. Unha imaxe da Virxe da Asunción de Perugino, e os frescos das dúas lunettes, onde o propio Michelangelo pintara os ancestrais de Cristo.

A grandiosidade da personalidade do grande mestre se revela aquí, con toda a súa potencia, debido sobre todo á concepción e a forza de realización da obra.

Aquí, o "Pai do Barroco", como queren algúns, xa ispe de forma marcante os novos rumbos que o artista imprimirá na súa arte. A liberdade en relación aos cánones anteriores, da chamada Alta Renascenza, maniféstase na rigorosa maneira coa que trata a figura humana.

Michelangelo expresa vigorosamente o concepto de Xustiza Divina, severa e implacable en relación aos condenados. O Cristo, parte central da composición, é o Xuíz dos eleitos que soben ao Ceo pola súa dereita, en canto os condenados, abaixo da súa esquerda esperan a Caronte e Minos.

A resurrección dos mortos e os anxos tocando trombetas completan a composición.

[editar] A polémica da restauración

No último cuarto do século XX, obras emprendidas no teito da Capela Sistina coa intención de recuperar o brillo orixinal do tempo de Michelangelo foron motivo de innumerables controversias.

A restauración das obras de arte estaban a se facer ao longo dos anos, e desde a década de 1960 xa se traballaba nos frescos máis antigos. O proxecto máis ambicioso, a cargo do restaurador Gianluigi Colalucci, iniciouse en 1979 coa limpeza da parede do altar: o Xuízo Final, de Michelangelo.

Durante este período a capela estivo fechada ao público que visita o Museo do Vaticano - cerca de 3.000.000 persoas por ano - só voltando a ser reaberta o 8 de abril de 1994.

[editar] Conclaves

Os Conclaves que foron realizados na Capela Sistina

[editar] Século XV

Conclave Duración Cardeal Eleito Papa Pontificado
06/08/1492-10/08/1492 04días Rodrigo Borgia Alexandre VI 10/08/1492-18/08/1503

[editar] Século XVI

Conclave Duración Cardeal Eleito Papa Pontificado
16/08/1503-16/09/1503 01mes Francesco Todeschini Piccolomini Pío III 16/09/1503-18/10/1503
31/10/1503-01/11/1503 02días Giuliano della Rovere Xulio II, O.F.M. 01/11/1503-20/02/1513
04/03/1513-19/03/1513 15días Giovanni di Lorenzo de' Medici León X 19/03/1513-01/12/1521
27/12/1521-09/01/1522 13días Adriano Floriszoon Boeyens Adrián VI 09/01/1522-14/09/1523
01/10/1523-19/11/1523 01mes18días Giulio di Giuliano de' Medici Clemente VII 19/11/1523-25/09/1534
11/10/1534-13/10/1534 3días Alessandro Farnese Paulo III 13/10/1534-10/11/1549
25/11/1549-29/11/1549 5días Giovanni Maria Ciocchi Del Monte Xulio III 29/11/1549-25/03/1555
05/04/1555-07/04/1555 03días Marcelo Cervini Marcelo II 07/04/1555-30/04/1555
15/05/1555-23/05/1555 08días Gian Petro Carafa Paulo IV 23/05/1555-18/08/1559
05/09/1559-26/12/1559 03meses21días Giovanni Angelo Medici Pío IV 26/12/1559-09/12/1565
20/12/1565-07/01/1566 18días Michele Ghislieri Pío V, O.P. 07/01/1566-01/05/1572
12/05/1572-13/05/1572 02días Ugo Boncompagni Gregorio XIII 13/05/1572-10/04/1585
21/04/1585-24/04/1585 03días Felici Peretti Sisto V, O.F.M. Conv. 24/04/1585-27/08/1590
07/09/1590-15/09/1590 08días Giovanni Battista Castagna Urbano VII 15/09/1590-27/09/1590
08/10/1590-05/12/1590 01mes27días Nicooló Sfrondrati Gregorio XIV 05/12/1590-16/10/1591
27/10/1591-03/11/1591 06días Giovanni Antonio Facchinetti Inocencio IX 03/11/1591-30/12/1591
10/01/1592-30/01/1592 20días Ippolito Aldobrandini Clemente VIII 30/01/1592-05/03/1605

[editar] Século XVII

Conclave Duración Cardeal Eleito Papa Pontificado
14/03/160501/04/1605 18días Alessandro Ottaviano de' Medici León XI 01/04/160527/04/1605
08/05/160516/05/1605 08días Camilo Borghese Paulo V 16/05/160528/01/1621
08/02/162109/02/1621 02días Alessandro Ludovici Gregorio XV 09/02/162108/07/1623
19/07/162306/08/1623 18días Mafeo Barberini Urbano VIII 06/08/162329/07/1644
09/08/164415/09/1644 01mes06días Giovanni Battista Pamphilj Inocencio X 15/09/164407/01/1655
18/01/165507/04/1655 03meses20días Fabio Chigi Alexandre VII 07/04/165522/05/1667
02/06/166720/06/1667 18días Guilio Rospigliosi Clemente IX 20/06/166709/12/1669
20/12/166929/04/1670 04meses09días Emilio Altieri Clemente X 29/04/167022/07/1676
02/08/167621/09/1676 01mes19días Benedetto Odescalchi Inocencio XI 21/09/167612/08/1689
23/08/168906/10/1689 01mes13días Pietro Voti Ottoboni Alexandre VIII 06/10/168901/02/1691
12/02/169121/07/1691 05meses09días Antonio Pignatelli Inocencio XII 21/07/169127/09/1700
09/10/170023/11/1700 01mes14días Giovanni Francesco Albani Clemente XI 23/11/170019/03/1721

[editar] Século XVIII

Conclave Duración Cardeal Eleito Papa Pontificado
31/03/172108/05/1721 01mes08días Michelangelo dei Conti Inocencio XIII 08/05/172107/03/1724
20/03/172429/05/1724 02meses09días Pietro Francesco Orsini Bieito XIII, O.P. 29/05/172421/02/1730
05/03/173007/04/1730 01mes02días Lorenzo Corsini Clemente XII 07/04/173006/02/1740
18/02/174017/08/1740 05meses31días Prospero Lorenzo Lambertini Bieito XIV 17/08/174003/05/1758
15/05/1758-06/07/1758 01mes22días Carlo Della Torre Rezzonico Clemente XIII 06/07/1758-02/02/1769
15/02/176919/05/1769 03meses04días Giovanni Vicenzo Antonio Ganganelli Clemente XIV, O.F.M. Conv. 19/05/176922/09/1774
05/10/177415/02/1775 04meses10dias Giovanni Angelo Brachi Pío VI 15/02/177529/08/1799

[editar] Século XIX

Conclave Duración Cardeal Eleito Papa Pontificado
02/09/182328/09/1823 26días Annibale Sermatti della Genga León XII 28/09/182310/02/1829
24/02/182931/03/1829 01mes07días Francesco Severino Castiglione Pío VIII 31/03/182930/11/1830
14/12/183002/02/1831 01mes19días Bartolomeu Albert Cappellari Gregorio XVI, O.S.B. Cam. 02/02/183101/06/1846
14/06/184616/06/1846 03días Giovanni Maria Mastai-Ferretti Pío IX, O.P. 16/06/184607/02/1878
18/02/187820/02/1878 03días Gioacchino Vicenzo Raffaele Luigi Pecci León XIII 20/02/187820/07/1903

[editar] Século XX

Conclave Duración Cardeal Eleito Papa Pontificado
31/07/190304/08/1903 05días Giuseppe Melchiore Sarto Pío X 04/08/190320/08/1914
31/08/191403/09/1914 04días Giacomo della Chiesa Bieito XV 03/09/191422/01/1922
02/02/192206/02/1922 04días Achille Ratti Pío XI 06/02/192210/02/1939
01/03/193902/03/1939 02días Eugenio Pacelli Pío XII 02/03/193909/10/1958
25/10/195828/10/1958 03días Angelo Giuseppe Roncalli Xoán XXIII, T.O.R. 28/10/195803/06/1963
19/06/196321/06/1963 03días Giovanni Battista Montini Paulo VI 21/06/196306/08/1978
25/08/197826/08/1978 02días Albino Luciani Xoán Paulo I 26/08/197828/09/1978
14/10/197816/10/1978 03días Karol Jozef Wojtyla Xoán Paulo II 16/10/197802/04/2005

[editar] Século XXI

Conclave Duracióno Cardeal Eleito Papa Pontificado
18/04/200519/04/2005 02días Joseph Alois Ratzinger Bieito XVI 19/04/2005 – Presente

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu