Castela e León - Castilla y León
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Localización | |||
---|---|---|---|
![]() |
|||
Datos estatísticos | |||
Capital | ------------ | ||
Superficie
|
Posto núm. 1
|
||
Poboación
|
Posto núm. 6
|
||
Xentilicio |
castelano leonés, |
||
Estatuto | 2 de marzo de 1983 | ||
ISO 3166-2 | CL | ||
|
|||
Presidente | Juan Vicente Herrera Campo (PP) | ||
Goberno de Castela e León |
Castela e León é unha comunidade autónoma española, situada no centro-norte do país. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.
Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora. Polo tanto, é a comunidade autónoma española con máis provincias.
Índice |
[editar] Poboación
A poboación de Castela e León é de aproximadamente 2 millóns e medio de habitantes. Tendo en conta a extensión da conta a súa extensión (94.224 km²), fai unha moi baixa densidade de poboación (27 habitantes por km²), moi inferior á media nacional (78 hab/km²).
Esta poboación, está, ademáis, moi irregularmente distribuída. Existen catro cidades de máis de 100.000 habitantes (Valladolid, Burgos, Salamanca e León, ordeadas según a poboación). En 2005, 1.287.607 de persoas vivían en cidades maiores a 20.000 habitantes, nas cidades anteriormente citadas e Palencia, Zamora, Ponferrada, Segovia, Ávila, Miranda de Ebro, Soria, Aranda de Duero, San Andrés del Rabanedo, Laguna de Duero e Medina del Campo. Polo tanto, aproximadamente a metade da poboación vive en cidades maiores a 20.000 habitantes e a outra metade en menores a 20.000 habitantes. Isto da lugar a un inxente número de vilas pequenas.
A sangría demográfica é moi grande: entre 1950 e 1981 baixou nun 10 %. A esta perda de poboación contribúe o avellentamento xeral da comunidade autónoma, pero especialmente das zonas rurais, enormemente elevado. Tamén baixou a súa poboación se a comparamos con España: mentras que en 1960 o 9,3 % dos españois vivía nas provincias que actualmente forman esta comunidade, en 1981 só era o 7 %, e esta cifra segue baixando.
[editar] Xeografía
A comunidade autónoma exténdese básicamente sobre a meseta norte, sendo surcada polo Douro, o cal forma a conca homónima, a maior de España. Polo tanto, os seus límites veñen configurados por cordilleiras ou outros accidentes xeográficos: ó norte ca Cordilleira Cantábrica, os Montes de León ó noroeste, co Sistema Central ó sur e ca Cordilleira Ibérica ó leste.
A superficie existente entre estes accidentes xeográficos é básicamente unha extensa meseta de moi elevada altura (700-900 metros sobre o nivel do mar). Estas altas chairas mostran na súa degradada vexetación a ocupación humana que contribuiu á perda forestal.
Os maiores ríos que sucan esta comunidade autónoma son o Douro e o Ebro. Os demáis veñen sendo afluentes destes ou doutros ríos. Por tanto, o territorio de Castela e León está entre as tres vertentes españolas (cantábrica, mediterránea e atlántica). As maiores concas hidrográficas que hai en Castela e León son:
[editar] Historia
Castela e León é teóricamente o resultado da unión do territorio que comprendía os antigos reinos de León e Castela. Sen embargo, as fronteiras non cadran, na súa unión, cas dos ditos reinos. Na práctica, é a unión das antigas rexións de León e de Castela a Vella, sen contar ca Rioxa nin Cantabria.
En 1978, Castela e León obtén un réximen preautonómico, e finalmente, en 1983, obtén a autonomía.
Vexa tamén: Reino de Castela Vexa tamén: Reino de Castela
[editar] Política
O partido que goberna en Castela e León é o PP, que conseguiu case a metade dos votos nas eleccións autonómicas de 2003. Só outros dous partidos teñen escaños, o PSOE e a Unión do Pobo Leonés. O presidente é Juan Vicente Herrera Campo.
|
|||
Andalucía - Aragón - Principado de Asturias - Illas Baleares - Illas Canarias - Cantabria - Castela-A Mancha - Castela e León - Cataluña - Comunidade Valenciana - Estremadura - Galicia - Comunidade de Madrid - Rexión de Murcia - Comunidade Foral de Navarra - País Vasco - A Rioxa | |||
Cidades autónomas | |||
Ceuta - Melilla | |||
Europa | España |