Elton John
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Elton John | |
---|---|
![]() Debuxo de Elton John{{{caption}}} |
|
Orixe | |
País | ![]() |
Período | 1969 - Actualidade |
Xénero(s) | Pop |
Selo(s) discográfico(s) | |
Membros | Elton John Bernie Taupin (letrista) |
Antigos membros | |
Web oficial | http://www.eltonjohn.com |
Elton Hercules John, cantante e compositor británico de música Pop. Naceu en Pinner (Inglaterra), o 25 de marzo de 1947).
[editar] Biografía
Educouse na Royal Academy of Music grazas a unha bolsa que conseguiu nesta institución á idade de 11 anos. Abandonouna seis anos despois para dedicarse á música pop. A partir de 1964 comezou a colaborar con grupos locais coma Bluesology.
Na década dos sesenta formou parte de varios grupos musicais, ata que en 1967 coñeceu ao letrista e poeta Bernie Taupin. Xuntos obtiveron o seu primeiro gran éxito en 1970 coa canción "Your Song" incluída no álbum "Elton John". En 1971 colocaron catro álbumes ó mesmo tempo entre os dez primeiros das listas de Estados Unidos.
A década dos setenta foi a da súa consagración no mundo da música, obtendo grandes éxitos con temas como Crocodile Rock (1972), Candle In The Wind (1973) Bennie And The Jets (1973) e Don’t Let The Sun Go Down On Me (1974). Entre 1972 e 1975 sete dos seus discos entraron nos primeiras posicións das listas de ventas británicas.
En 1975 participou na película Tommy, dirixida por Ken Russell e escrita por Pete Townshend, guitarrista de The Who.
Na década dos anos 80, deixou de lado temporalmente a súa relación profesional con Bernie Taupin e compuxo novos temas de éxito como “I'm Still Standing” e Little Jeannie. En xullo de 1985 participou no concierto Live Aid realizado no Estadio de Wembley de Londres, no que tambén actuaron David Bowie, Sting, Eric Clapton, Phil Collins e Queen entre outros.
En 1992 fundou a "Elton John AIDS Foundation", unha das maiores organizacións non lucrativas para a erradicación da enfermedade do SIDA. Obtivo un novo éxito en 1994 coa súa participación na banda sonora da película O Rey León en colaboración con Tim Rice, gañando un Oscar á mellor banda sonora.
En 1997 fíxolle un homenaxe á princesa Diana de Gales tra-lo seu falecemento nun accidente de tráfico, có tema Candle in the Wind converténdose no single máis vendido na historia da música en aquel momento.
Ao ano seguinte foi nomeado Cabaleiro da Orde do Imperio Británico e recibiu un Grammy honorífico pola súa traxectoria musical. No ano 2000 colaborou como músico invitado xunto ao grupo estadounidense Collective Soul no tema Perfect Day. En 2001 xuntouse de novo con Bernie Taupin, lanzando os álbumes Songs From the West Coast e Peachtree Road. En decembro de 2005, casouse có director de cine canadiense David Furnish.
[editar] Discografía
- 1969 Empty Sky
- 1970 Elton John
- 1970 The Games
- 1971 Tumbleweed Connection
- 1971 Friends
- 1971 11-17-70
- 1971 Madman Across the Water
- 1972 Honky Chateau
- 1973 Don't Shoot Me I'm Only the Piano Player
- 1973 Goodbye Yellow Brick Road
- 1974 Caribou
- 1974 Greatest Hits
- 1975 Captain Fantastic and the Brown Dirt Cowboy
- 1975 Rock of the Westies
- 1976 Here and There
- 1976 Blue Moves
- 1977 Greatest Hits Volume II
- 1978 A Single Man
- 1979 Victim of Love
- 1980 21 at 33
- 1980 Lady Samantha
- 1981 The Fox
- 1982 Jump Up!
- 1983 Too Low for Zero
- 1984 Breaking Hearts
- 1985 Ice on Fire
- 1986 Leather Jackets
- 1987 Live in Australia
- 1988 Reg Strikes Back
- 1989 Sleeping With the Past
- 1989 The Complete Thom Bell Sessions
- 1990 The Very Best of Elton John
- 1990 To be continued...
- 1992 Rare Masters
- 1992 The One
- 1993 Duets
- 1995 Made in England
- 1995 Love Songs
- 1997 The Big Picture
- 1999 AIDA
- 1999 The Muse
- 2000 One Night Only
- 2000 The Road To El Dorado
- 2001 Songs from the West Coast
- 2001 Prologue
- 2002 Live at the Ritz
- 2002 Greatest Hits 1970-2002
- 2003 We are fantastics (With Marcel Newman)
- 2004 Peachtree Road
- 2006 The Captain and the Kid