Chus Pato
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
María Jesús Pato Díaz (Ourense, 1955), Chus Pato, escritora e activista política galega.
A súa obra manifesta a característica transgresión posmoderna dos xéneros literarios, conformando unha escritura baseada na superación do concepto tradicional de 'poesía'. Escrita en prosa, a súa poesía acolle non só distintos tipos textuais, dende o estrictamente biográfico ata o ensaismo filosófico, senon tamén unha polifonía de voces que inclúe, ademais de á da propria autora, á dunha pléiade de persoaxes ficticios e reais que se manifestan en múltiples subxéneros: fragmentos teatrais, entrevistas, programas radiofónicos, etc. Temáticamente, Chus Pato asume o compromiso da literatura coas reivindicacións ideolóxicas, sendo o nacionalismo galego, a visión marxista da realidade e a conciencia de xénero algúns dos seus eixos temáticos máis habituais. Neste senso, a importancia da linguaxe como sistema de creación simbólica na sociedade contemporánea ten un papel destacado na súa reflexión crítica. Estilísticamente, a súa escritura caraterízase por unha sintaxe sincopada, un certo automatismo e a constante referenza a mitos greco-latinos como ilustradores metafóricos da realidade máis inmediata.
- O compromiso de Chus Pato coa realidade contemporánea lévaa a involucrarse de forma directa na vida política e cultural galega. Cabeza de lista habitual da Frente Popular Galega (partido político de extrema esquerda e independentista) pola provincia de Ourense, Chus Pato pertence tamén a varias agrupacións tanto de índole literario (o PEN Club) como de índole político-social (Redes Escarlata).
- Profesionalmente, é profesora de Ensino Secundario (Xeografía e Historia).
[editar] Obra literaria
- Os primeiros poemas de Chus Pato apareceron na revista Escrita (1984) e, dende entón, aparte de nos seus libros, nunca deixou de colaborar en múltiples publicacións: Luzes de Galiza, Festa da palabra silenciada, Andaina, Gume, Ólisbos, Revista das letras, Dorna, Clave Orión, etc.; en libros colectivos: Palabra de muller, Sete poetas ourensáns, Poesía dos aléns; no ano 1992, con outras sete mulleres, publica en Edicións do Dragón a carpeta poética 8 e medio, asimesmo participa na homenaxe a Rosalía de Castro no cincuentenario da fundación do Patronato Rosalia, co galo do cal edítase un CD cos poemas recitados, con música de Rodrigo Romaní, e un libro que recolle os textos e fotografías de María Esteirán (1997); participa habitualmente en recitais, mesas redondas, performances e conferencias.
[editar] Poemarios publicados
Urania. Ourense: Calpurnia, 1991.
Heloísa. A Coruña: Espiral Maior, 1994.
Fascinio. Muros: Toxosoutos, 1995.
A ponte das poldras. Santiago de Compostela: Noitarenga, 1996. Vigo: Galaxia, 2006.
Nínive. Vigo: Xerais, 1996.
Heloísa. Madrid: La Palma, 1998.
m-Talá. Vigo: Xerais, 2000.
Charenton. Vigo: Xerais, 2004.
Existe, ademais, unha antoloxía bilingüe galego-español preparada por Iris Cochón: Un Ganges de palabras (Colección Puerta del mar, CEDMA, Málaga, 2003).
Por outra banda, parte da súa poesía atópase incluída nas antoloxías Poésie en Galice aujourd´hui (Anxo Angueira, Sources, 1999), Rías de tinta, Literatura de mujeres en francés, gallego e italiano (Marta Segarra, Helena González y Francesco Ardololino. Ed. de la Universitat de Barcelona, 2000), Poetry is the world´s great miracle (María do Cebreiro, ed do P.E.N de Galicia, 2001), A tribu das baleas (Helena González, Xerais, 2001), Las flores del yodo (Margarita Borja, publicación de Teatres de la Generalitat Valenciana, 2001) y Las poetas de la búsqueda (Jaime de Parra, Libros del Innombrable, 2002) entre outras. En español pódense ler traducións dos seus poemas en diversas revistas como Infolios (un número monográfico), La Ortiga, La alegría de los naufragios, Texturas, Zurgai, El signo del gorrión, Veneno...