Estrasburgo - Strasbourg
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Estrasburgo (Strasbourg en francés, Straßburg en alemán, pronunciada en alsaciano Strossburi) é unha cidade situada no este de Francia, na marxe esquerda do río Reno. É a capital da rexión administrativa francesa da Alsacia e do département (departamento) francés do Bas-Rhin (Baixo-Reno).
A aglomeración urbana prolongase ata Alemaña, á cidade de Kehl, que é o espello xeográfico de Estraburgo do lado oposto do Reno.
Índice |
[editar] Xeografía
Atravesada polo río Ill, afluente do Reno, que se divide para formar ata cinco brazos no centro da cidade (no setor da Petite France), a cidade está composta de bairros de forte identidade, como Robertsau, Cronenbourg, Koenigshoffen, Hautepierre, Elsau, Krutenau, Neudorf, Meinau e Neuhof. Situada a unha altitude media de 140 m por riba do nível do mar, Estrasburgo caracterízase por un relevo relativamente plano. Así, no centro da cidade, percíbense soamente leves ondulacións do terreo, culminando á proximidade da catedral e no cruzamento da Grand-Rue (Grande rúa) e da rúa do Fossé-des-Tanneurs, correspondendo ás zonas de habitacións máis antigas.
A cidade é tamén coñecida como unha das capitais da Europa, debido ás numerosas instituicións europeas que ela abrita, entre as cais o Consello de Europa, o Parlamento europeo (dividido con Bruxelas) e a Corte Europea dos Direitos Humáns, sen esquecer a cadea de televisión binacional franco-xermánica Arte.
[editar] Historia
Estrasburgo, coñecida polos romanos como Argentoratum, foi fundada o 12 a.C.. Era entón un campo militar fortificado posicionado sobre o limes (fronteira do Imperio Romano) do Reno. Un canabae (aglomeración de habitacións civís) desenvolveuse ao redor do campo e en dirección ao oeste, preludio ao desenvolvemento futuro da cidade.
Estrasburgo foi incorporada ao Império franco no século V. En 842, a cidade foi palco do Xuramento de Estrasburgo, máis antiga testemuña escrita das linguas francesa e alemán.
A catedral de Estrasburgo foi terminada em 1439, tornandose o máis alto edificio do mundo, ultrapasando a gran Pirámide de Giza. Durante a década de 1520, a cidade abrazou as teses relixiosas de Martiño Lutero, cuxos adeptos estabeleceran unha universidade no século seguinte.
Cidade libre e autónoma do Imperio, Estrasburgo foi anexada á Francia soamente en 1681, estatuto confirmado polo Tratado de Ryswick (1697). Louis XIV manda destruir simbolicamente parte das fortificacións da cidade. Iso crea unha abertura pola cal el entra en Estrasburgo, marcando así a submisión da cidade ao poder real. Mandatado polo rei, Jacques François Blondel deseña un plano de embelezamento de Estrasburgo que, por falta de financiamento, será parcialmente realizado. Estrasburgo lle debe principalmente a construcción da Aubette na praza Kléber e a reforma da praza Marché-Gaillot. Diversos edificios clásicos serán construidos, o primeiro dos cais foi o Palacio Rohan, morada de príncipes construida ás marxes do río Ill, face às habitacións burguesas. Mais foran principalmente as fortificacións de Vauban que marcarón este período, coa construcción dunha protección sobre o Ill, face ás Pontes Cobertas (Ponts Couverts), e a de unha imposante cidadela ao sudeste, situada face á Alemaña. Co crecemento da industria e do comercio, a poboación triplicou no século XIX, pasando a 150 000 habitantes.
Estrasburgo foi anexada ao recén estabelecido Imperio Xermánico como capital do Reichsland da Alsacia-Lorena (Alsace-Lorraine) en 1871, após a Guerra franco-prussiana (Tratado de Frankfurt). Este periodo marca o apoxeo da dominación política e territorial de Estrasburgo. Beneficia igualmente da intención alemana de transformar a cidade na vitrine da cultura alemana, visando a atraer as poboacións locais e a mostrar ao mundo e á Francia a superioridade da cultura xermánica. Estrasburgo recibiu entón numerosos edificios públicos, entre os cais o Palacio do Imperador (atualmente Palacio do Reno), o parlamento da Alsacia-Lorena e o Palacio Universitario. A máis importante extensión urbana de Estrasburgo é entón planificada, tendo como resultado a duplicación da superfície da zona urbana en trinta anos.
A cidade voltou á Francia logo da Primeira Guerra Mundial en 1919, polo Tratado de Versalles. Tornouse novamente parte da Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial, de 1940 a 1945, para retornar á Francia no final da guerra.
[editar] Principais centros de interese
- Catedral de arquitetura gótica, construida entre 1176 e 1439, cuxa torre culmina a 142 metros.
- Pontes cubertas (fortificacións medievais sobre o Ill)
- Barrio da Petite France (arquitetura vernacular)
- Maison Kammerzell (Século XV)
- Antigas fortificacións datando do século XIII, modificadas por Vauban no século XVIII.
- A Aubette (1765 a 1778) (arquiteto : Jacques François Blondel)
- Palacio Rohan (arquiteto : Robert de Cotte)
- Estación Central (1878)
- Palacio universitario (1884) (arquiteto : Otto Warth)
- Cidade-xardín de Stockfeld, inicio do século XX
- Bairro europeu :
- Museo de Arte Moderna e Contemporanea de Estrasburgo (inauguración : 1998) (arquiteto : Adrien Fainsilber)
[editar] Estrasburgueses célebres
- Sébastien Brant (1457-1521), poeta satírico e humanista
- François-Christophe Kellermann (1735-1820), marechal
- Jean-Baptiste Kléber (1753-1800), marechal
- Gustave Doré (1832-1883), pintor
- Paul Émile Appell (1855-1930), matemático
- Jean-Jacques Waltz, dit Hansi (1873-1951), artista
- Jean Arp (1886-1966), artista
- Pierre Pflimlin (1907-2000), presidente do Consello e do Parlamento europeo
- Herbert Leonard (1945-), cantante
[editar] Residentes célebres
- Johann Gutenberg (1400-1468), inventor da impresión a caracteres metálicos móviles.
- Didier Érasme, ou Erasmo (1467-1536), humanista
- Jean Calvin (1509-1564), defensor da Reforma
- François-Marie Broglie (1671-1745), marechal e governador de Estrasburgo
- Johann Wolfgang von Goethe (1749-1832), escritor
- Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791), músico
- Rouget de Lisle (1760-1836), compositor de la Marseillaise
- Numa Denis Fustel de Coulanges (1830-1889), historiador
- Louis Pasteur (1830-1895)
- Marc Bloch (1886-1944), historiador e membro da resistencia
[editar] As universidades da Academia de Estrasburgo
right|thumb|300px|A Universidade
- en Mulhouse :
- Université de Haute Alsace
- en Estrasburgo :
- Université Louis-Pasteur Strasbourg I ULP
- Université Marc-Bloch Strasbourg II UMB (chamada antigamente Université des sciences humaines de Strasbourg)
- Université Robert-Schuman Strasbourg III URS
- Centre régional des œuvres universitaires et scolaires de Strasbourg (Crous) (Crous Strasbourg)
Estrasburgo conta com un pouco menos de 50000 estudantes, dos cais 37500 nas súas tres universidades. Os estudantes estranxeiros constituen case un quinto do efetivo (18,5 %).
[editar] Ligazóns externos
Site oficial da cidade de Estrasburgo Estrasburgo no Wikitravel