Francis William Aston
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Francis William Aston (Birmingham 1877 - Cambridge 1945). Químico británico que gañou o Premio Nobel de Química en 1922 por determinar o peso atómico de todos os elementos da táboa periódica.
En 1903 obtivo unha bolsa de estudos na Universidade de Birmingham, e nas súas investigacións das descargas eléctricas en tubos de baixa presión descubriu o fenómeno agora coñecido como Espazo escuro de Aston, que permite a separación dos isótopos e a determinación das súas masas. En 1909 trasladouse ao Laboratorio Cavendish en Cambridge por invitación de Joseph John Thomson e traballou na identificiación dos isótopos do neón. Trala Primeira Guerra Mundial volveu aos seus estudos, e en 1919 inventou un espectrógrafo de masas que lle permitiu identificar rapidamentere 212 dos 287 isótopos naturais.
Foi presidente do Comité Atómico Internacional (1935-1945). Autor de Isotopes (1922) e Mass-Spectra and Isotopes (1933).