FreeBSD
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
FreeBSD é un sistema operativo libre para ordenadores con soporte de múltiples arquitecturas (alpha, amd64, ARM, x86, IA-64, MIPS, PC-98, Power PC, sparc). FreeBSD está basado en BSD 4.4 de Computer Systems Research Group (CSRG) da University of California, Berkeley seguindo a tradición que distingue o desarrollo dos sistemas BSD. Ademáis do bo traballo realizado polo CSRG, o proxecto FreeBSD inverteu miles de horas en axustar o sistema para ofrecer as máximas prestacións en situacións de carga real. Distribúese baixo licenza BSD.

Índice |
[editar] Características
FreeBSD é un sistema operativo multiusuario, multitarefa con apropiación, inspirado na variante 4.4 BSD-Lite de UNIX. Aínda que FreeBSD non pode ser propiamente chamado UNIX, ao non ter adquirido a debida licenza de The Open Group, FreeBSD está feito para ser compatible ca norma POSIX, ó igual que varios outros sistemas "clones de UNIX". O sistema FreeBSD inclúe o kernel, a estructura de ficheiros do sistema, librerías da API de C, e algunhas utilidades básicas.
[editar] Distribución
Os instaladores, código fonte e paquetes do sistema operativo FreeBSD distribuense de maneira gratuita ao público, en forma de ficheiros dispoñibles nos servidores FTP a través da web. Tamén é posible compralos en forma de CD-ROMs ou DVDs nalgúns distribuidores, principalmente nos Estados Unidos.
[editar] Instalación
A instalación do sistema FreeBSD pode ser iniciada de dúas formas. A máis común é a utilización dun CD-ROM ou DVD auto-arrancable, que carga unha versión abreviada do sistema operativo e un instalador con interface textual (Console User Interface) chamada sysinstall.
Tamén é posible iniciar a instalación do sistema utilizando un xogo de 2 ou 3 disquetes (en función da versión que se desexa instalar), que arrancan o ordenador co xa mencionado sistema FreeBSD abreviado, e levan a mesma utilidade sysinstall. A utilidade sysinstall é a encargada de instalar realmente o sistema operativo, e posee varias alternativas. A saber, instalar o sistema utilizando os datos dispoñibles nun dispositivo de almacenamento local (CD-ROM, DVD, directorio nun sistema de archivos FAT, etc.), ou obtenendoos desde un sitio remoto a través dun protocolo de transferenza de ficheiros (HTTP, FTP, NFS, etc.).
O igual que para Linux, unha parte importante da instalación centrase no particionamento do disco duro, pois o sistema FreeBSD utiliza un sistema de ficheiros particular (chamado as veces UFS), diferente do utilizado polos sistemas Windows, ou Linux.
[editar] Ports
Os Ports, é un "sistema de instalación" de paquetes prático e eficiente utilizado polo FreeBSD. Consiste nunha estrutura de diretorios, os cales posuen ficheiros (Makefiles) que especifican todos os requisitos da instalación, como se debe compilar o código fonte, e o necesario instalar os ficheiros binarios creados dun determinado paquete no sistema. Isto funciona de forma prácticamente automática, ou con pouca intervención do usuario.
O soporte de Ports é enorme, tendo actualmente máis de 14.500 paquetes, raramente é necesario que teñas que descargar un programa que necesites xa que o traerá incluído.
Os ficheiros binarios sen compilar dos Ports son chamados "paquetes" e están dispoñibles para descargar. Aínda que poden ser instalados automáticamente; sabendose o nome do paquete e pasando este como parametro ao comando "pkg_add -r" pódese intalar manualmente.
[editar] Ver tamén
[editar] Enlaces externos
- FreeBSD web oficial
- El demonio.org - Información sobre FreeBSD, OpenBSD, NetBSD, etc.
- FreeBSD Software - Páxina adicada os ports para FreeBSD