Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Historia da Astronomía - Wikipedia

Historia da Astronomía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Imaxe do Sistema copernicano. Extraída da obra: De revolutionibus Orbium Coelestium.
Imaxe do Sistema copernicano. Extraída da obra: De revolutionibus Orbium Coelestium.

Índice

[editar] Síntese histórica xeral

Os antigos pensaban que as estrelas estaban fixas a unha esfera cristalina, a máis exterior, a situada máis aló da esfera de Saturno. Por este motivo chamaban ás estrelas "estrelas fixas", diferenciándoas das (estrelas errantes ou planetas, que se movían independentemente desta esfera.)

Esta esfera non era transparente senón negra, e as estrelas brillaban sobre este fondo como puntos luminosos moi pequenos. Todo o ceo negro xiraba con completa regularidade unha vez por día, transportando consigo as estrelas. Cando saía o Sol, o ceo volvíase azul e as estrelas desaparecían, pero isto era debido só a que o resplandor do Sol as afogaba.

Esta idea lévanos a Hiparco (161-127 a. C.), o meirande dos astrónomos gregos. Se temos en conta que non dispoñía de instrumentos e que os astrónomos anteriores tiñan deixado poucos escritos, os descubrimentos de Hiparco bastarían para situalo en­tre os maiores astrónomos de tódolos tempos.

Hiparco viviu na illa de Rodas, preto da costa sud­occidental da península de Anatolia, a actual Turquía, e inventou un sistema de combinacións circulares para explicar o movemento aparente dos planetas mellor que os anteriores, concibidos dende Platón. O seu sistema sobreviviu con algunha mellora uns mil setecentos anos.

Despois, Claudio Tolomeo (100-170 d. C., uns tres séculos despois de Hiparco), resumiu cara ó ano 150 d.C. o sistema hiparquiano nun libro, tras engadirlle algunha mellora, libro que sobreviviu ata a idade moderna, ó contrario do que sucedeu co resto das obras hiparquianas. O chamado sistema tolemaico é pois o que sitúa a Terra no centro do universo, cos demais cor­pos xirando ó seu arredor.

A maior parte da xente cría que os planetas exercían influencia sobre a Terra e os huma­nos, e que se se conseguía facer un sistema que predixera exactamente os seus movementos poderían deducirse as súas influencias sobre o futuro de cada individuo. O desenvolvemento de tal sistema de astroloxía ("lectura dos planetas") tiña así un interese extraordinario para todas as persoas do mundo antigo.

Sol, Lúa e os cinco planetas visibles a ollo nú como estrelas móbiles que non parpadean, móvense por unha franxa estreita do ceo. Esta franxa dividiuse en doce rexións, ocupada cada unha por un conxunto de estrelas ás que se asociaron, con grande imaxinación, diversas cousas, en particular animais, coidando o que parecía semellar a súa existencia no ceo. Cada agru­pación de estrelas chámase constelación (algo así como conxunto de estrelas), sendo as doce citadas chamadas "constelacións do zodíaco", nome derivado dunha verba grega e que viría a significar "círculo de animais".

¿Por qué son doce as constelacións do zodiaco? Porque o Sol pasa un mes en cada una delas, o tempo necesario para que a Lúa dea unha volta enteira ó zodíaco. En realidade, comezaron sendo 13, máis acorde co número de ciclos lunares nunha volta arredor do sol, pero a inexactitude entre ciclos lunares/ciclos solares e a adaptación ós sistemas de numeración antigos en base 12 fixeron inevitable o cambio ó cómputo mensual e ás 12 constelacións zodiacais.

Os astrónomos dividiron tamén en constelacións o resto do ceo. En principio, da parte boreal, o ceo visible dende o hemisferio norte, e máis adiante, coa exploración do globo enteiro polos navegates europeos, tamén a parte austral. Actualmente considéranse 88 constelacións que dividen toda a esfera celeste, pero as doce do zodíaco seguen a ser consideradas como de especial importancia por moita xente debido a esa influencia que se consideraba dos planetas sobre as persoas.

Europa e o Próximo Oriente non foron os únicos berces da civilización. Durante un período de dous mil anos, entre o 500 a.C. e o 1500 d.C., a China foi por diante de Occidente en ciencia e tecnoloxía. Ó longo das épocas antiga e medieval, os astrónomos chineses observaron detidamente o ceo e tomaron nota de todo fenómeno observado. Non tiñan que enfrontarse coas ideas dogmáticas de base relixiosa sobre a súa perfección e vivían nunha sociedade relativamente secular onde o temor ós seres sobrenaturais non restrinxía o seu pensamento.

O certo é que os chineses non estudaban o ceo por motivos puramente intelectuais. Eles, como babilonios e gregos antes, estaban interesados na astroloxía. Tiñan asociado significado a todo o que puidera ter aparecido no ceo e usábanos para prognosticar os posibles acontecementos futuros.

No 1543 o astrónomo polaco Nicolás Copérnico (1473-1543) publicou un libro que explicaba as matemáticas necesarias para predicir a posición dos planetas, pero supoñendo que a Terra xiraba arredor do Sol, así como Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno (os planetas visibles). Esta hipótese simplificaba moito o problema, aínda que Copérnico sostiña a idea de que os planetas se movían mediante órbitas circulares.

No 1609 otro sabio italiano, Galileo Galilei (1564-1642) enterouse de que nos Países Baixos se inventara o anteollo, un tubo con lentes en cada extremo que permitía achegar e ampliar a visión dos obxectos. Empezou a experimentar e en pouco tempo tiña o que agora chamamos telescopio. Galileo fixo con el algo novo, e para a mentalidade da época, atrevido: apuntouno cara ó ceo.

O telescopio de Galileo era un aparello pequeno e primitivo, pero por primeira vez alguén estudaba o ceo de noite mellorando a visión do ollo nu. Galileo viu con el montañas e cráteres na Lúa, e zonas chas que tomou por «mares». Veu manchas no Sol, catro satélites arredor de Xúpiter (satélites denominados "galileanos"), as fases de Venus... Polo que amosaba o telescopio, parecía moi probable que os planetas foran mundos como a Terra, pode que tan cam­biantes e imperfectos. Aínda o Sol, coas súas manchas, era claramente imperfecto. Venus, coas súas fases, non podía ter existencia nun sistema tolemaico, aínda que si no novo sistema copernicano. O telescopio de Galileo reforzou a concepción copernicana do sistema solar, e isto propiciou o enfrontamento de Galileo coa Inquisición, que lle obrigou a renegar do sistema copernicano (é célebre a frase "eppur si move", no entanto móvese, referida á Terra, que dixo ó saír do proceso contra el por esta causa).

O astrónomo alemán Johannes Kepler (1571-1630) confirmou en 1609 que Marte non xiraba arredor do Sol seguindo un círculo ou unha combinación de círculos, como supuxera Platón e todos os astrónomos occidentais posteriores, incluído Copérnico. Marte xiraba arredor do Sol seguindo unha órbita elíptica co Sol nun dos seus focos. Kepler demostrou que todos os planetas se moven segundo órbitas elípticas.

Kepler chegou así á descrición actual do sistema solar. Era o seu sistema e non o de Copérnico o que estaba en concordancia coa realidade. Nos case catro séculos transcorridos dende entón, os astrónomos non fixeron melloras substanciais no sistema de Kepler. Viron a luz teorías máis xerais e descubríronse novos planetas, pero as órbitas elípticas mantéñense.

O astrónomo alemán Hans Bayer (1572-1625) inventou no 1603 un sistema para nomear as estrelas, que consiste en asignar a cada unha unha letra grega (de alfa a omega, segundo a maior ou menor visibilidade) e o nome da constelación onde está situada, sistema que persiste hoxe en día.

O astrónomo inglés Edmund Halley (1656-1742) foi o primeiro en dicir que os cometas se desprazan en órbitas fixas arredor do Sol e volven periodicamente. Tamén estudou a determinación precisa das estrelas, e, ó comparar as súas cifras con outras anteriores, veu que os gregos situaran algunhas estrelas incorrectamente. Aínda tendo en conta que os gregos non dispuñan de telescopios, o erro nas posicións das estrelas era demasiado grande, sobre todo porque só parecían estar fóra de lugar algunhas das estrelas máis brilantes.

Halley pensou que só había unha conclusión posible. Os gregos non estaban errados; eran as estrelas as que variaran de posición durante os dezaseis séculos pasados. En 1718 Halley anunciou que as estrelas brilantes Sirio, Proción e Arturo se tiñan desprazado de modo per­ceptible dende a época dos gregos, e aínda o tiñan feito en pequeno monto dende que Tycho fixara a súa latitude e lonxitude un século e medio antes.

Halley pensou que as estrelas non estaban en absoluto fixas, senón que se desprazaban ó azar a través dos espazos celestes. En conxunto, as estrelas estaban tan lonxe de nós que a distancia que percorrían era pequena comparada coa súa distancia á Terra, e dunha noite á seguinte ou mesmo de ano en ano podía non detectarse ningún movemento.

[editar] Astronomía antiga

  • Caldea
  • Exipcia
  • Da América Central Precolombina
  • Hebrea
  • Chinesa
  • Hindú
  • Fenicia
  • Grega
  • Alexandrina

[editar] Astronomía medieval

Na Europa medieval prodúcese un escurantismo en tódolos campos do coñecemento incluíndo a astronomía, salvo na parte ocupada polos árabes (península Ibérica), de onde pasou aos reinos cristiáns; na escola de tradutores de Toledo, creada polo rei Afonso X o Sabio (século XIII) empezan a traducirse os textos árabes, tanto dos antigos gregos coma os orixinais árabes, e a expandirse por Europa. Esta fica preservada en poucas copias de tratados antigos da astronomía grega e romana. A astronomía observacional tan só segue a existir no mundo árabe. Coas invasións turcas de Europa Oriental ó longo do século XV chegan a Europa Central.

[editar] Astronomía moderna

[editar] Véxase tamén

  • Astronomía e astrofísica
Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu