Imperio Austrohúngaro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Imperio Austrohúngaro (Österreichisch-Ungarische Monarchie en alemán, Osztrák–Magyar Monarchia en húngaro) foi un estado histórico europeo nado en 1867, tralo Compromiso Austrohúngaro que reconoñecía ó Reino de Hungría como unha entidade autónoma dentro do Imperio Austríaco, a partires dese intre, Austrohúngaro. En 1914 tiña unha extensión de 676.615 km² e contaba con 52.799.000 habitantes.
O que fora o Imperio Austrohúngaro se reparte hoxe en día en trece estados europeos que son na actualidade as nacións de Austria, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Croacia, Bosnia-Herzegovina e as rexións de Voivodina en Serbia, Bocas de Kotor en Montenegro, Trentino-Alto Adigio e Trieste en Italia, Transilvania e parte do Bánato en Romanía, Galicia en Polonia e Rutenia (rexión Subcarpática na Ucraína).