Lago Constanza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O lago de Constanza (alemán: Bodensee) é un lago atravesado polo río Rin.
Índice |
[editar] Historia
O Lago de Constanza foi mencionado por primeira vez polo xeógrafo hispánico Pomponius Mela, por volta de 43 a.C.. El observou que o Rin atravesaba dous lagos, e deulles os nomes latinos Lacus Venetus (hoxe Obersee) e Lacus Acronius (hoxe Untersee). Plinio o Vello usou o nome Lacus Brigantinus, da cidade romana de Brigantium (hoxe Bregenz).
[editar] Xeografía
Situase na fronteira da Alemaña ao norte, da Austria a leste e da Suíza ao sur; a notar o enclave da cidade alemá de Constanza na marxe suíza. El baña os Länder alemáns de Baden-Württemberg e da Baviera, e os cantóns suízos de Turgovia e San Galo.
A sua área é de 536 km². Ela foi recalculdada en 2004, pois o valor anterior de 571 km² correspondia ao nivel de chea e non ao nivel medio.
O lago situase a 395 m acima do nivel do mar e é o terceiro maior lago da Europa Central, despois do Lago Balaton e do Lago Léman. A maior profundidade é de 252 m no medio da sua parte oriental (Obersee). O seu volume é de aproximadamente 55 km³.
O lago ten catro partes: Obersee, Überlinger See, Zeller See e Untersee. O Ron entra no lago polo sudeste, através do Obersee, da cidade de Constanza e do Untersee, e sae do lago perto de Stein am Rhein. O lago de Constanza fornece agua para diversas cidades do sur da Alemaña.
O lago de Constanza foi formado pola xeleira do Rin durante a Era glacial. O Rin, o Bregenzer Ache, e o Dornbirner Ache transportan sedimentos dos Alpes para o lago, diminuindo asi gradualmente a profundidade do lago no sudeste.
[editar] Curiosidade xeográfica
Non existe un acordo legal sobre onde pasan as fronteiras da Suíza, Alemaña e Austria no lago. Mentres que a Suíza mantén a idea de que a fronteira pasa no medio do lago, a Austria considera que o lago está suxeito ao condominio de todos os tres Estados das suas marxes. A Alemaña tamén mantén unha opinión ambigua. Cuestións legais relacionadas coa circulación de barcos e pesca son rexidas en tratados separados.
[editar] Illas
- Mainau
- Reichenau
- Lindau
[editar] Cidades bañadas
[editar] Austria
- Hard
- Bregenz
- Lochau
- Fussach
- Gaissau
[editar] Alemaña
A partir da entrada do Rin, na marxe norte ou dereita
- No Obersee e Überlinger See
- Lindau, Baviera
- Wasserburg, Baviera
- Kressbronn, Baden-Württemberg
- Langenargen
- Eriskirch
- Friedrichshafen
- Immenstaad
- Hagnau
- Meersburg
- Daisendorf (no Überlinger See)
- Unteruhldingen
- Überlingen
- Sipplingen
- Bodman-Ludwigshafen
- Wallhausen
- Dingelsdorf
- Litzelstetten
- Constanza
- No Untersee
- Allensbach (no Gnadensee)
- Radolfzell (no Zellersee)
- Gaienhofen
[editar] Suíza
Da entrada do Rin, na marxe sur ou esquerda:
- No Obersee
- Altenrhein, S. Gallen
- Rorschach, S. Gallen
- Horn, Turgovia
- Steinach, S. Gallen
- Arbon, Turgovia (como todas as que seguen)
- Frasnacht
- Egnach
- Romanshorn
- Uttwil
- Kesswil
- Güttingen
- Altnau
- Landschlacht
- Münsterlingen
- Bottighofen
- Kreuzlingen (e Constanza, Alemaña
- No Rin
- Gottlieben
- No Untersee
- Ermatingen
- Mannenbach
- Berlingen
- Steckborn
- Mammern
- Eschenz