Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions NASA - Wikipedia

NASA

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre a Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo. Para a arte de pesca, vexa nasa

A National Aeronautics and Space Administration (NASA, "Administración Nacional para a Aeronáutica e e Espazo") é a axencia do goberno norteamericano responsable do programa espacial dos Estados Unidos de América e a súa investigación aerospacial xeral a longo termo. Establecida no 1958, é unha organización civil que dirixe e supervisa a investigación civil e militar nos sistemas aerospaciais.

Logo da NASA, amosando sobre un campo de estrelas unha nave espacial e un perfil de anza. Usado dende 1958 - 1975, 1992 - hoxe. Tamén é coñecido como o "meatball" (balón de carne)
Logo da NASA, amosando sobre un campo de estrelas unha nave espacial e un perfil de anza. Usado dende 1958 - 1975, 1992 - hoxe. Tamén é coñecido como o "meatball" (balón de carne)
Logotipo chamado verme ("Worm") da NASA, usado entre 1975 - 1997.
Logotipo chamado verme ("Worm") da NASA, usado entre 1975 - 1997.

Índice

[editar] Visión e misión

O seu propósito é:

  • Mellorar a vida aquí,
  • Estender a vida, e
  • Atopar vida máis aló

A súa misión é:

  • Coñecer e protexer o noso planeta;
  • Explorar o Universo e investigar a vida; e
  • Inspirar a seguinte xeración de exploradores.

[editar] Historia

[editar] Carreira espacial

Lanzamento da nave espacial 'Mercury-Redstone 3' con Alan Shepard a bordo, o primeiro voo espacial tripulado americano.
Lanzamento da nave espacial 'Mercury-Redstone 3' con Alan Shepard a bordo, o primeiro voo espacial tripulado americano.

Seguindo o programa espacial soviético, que lanzou ao espazo o primeiro satélite feito polo home (Sputnik 1) o 4 de outubro de 1957, a atención dos EEUU voltouse cara os seus propios esforzos espaciais. O Congreso, alarmado pola perda de liderado percibido como unha falta de seguridade, urxiu unha acción forte e rápida. O Presidente Dwight D. Eisenhower e os seus conselleiros tomaron medidas máis precisas. Varios meses de debate concluiron co acordo de crear unha nova Axencia Federal para realizar actividades non militares no espazo.

O 29 de xullo de 1958, o Presidente Eisenhower asinou a "National Aeronautics and Space Act", establecendo a "National Aeronautics and Space Administration" (NASA). Comezou a operar o 1 de outubro de 1958, consistindo daquela en catro laboratorios e uns 8.000 empregados do goberno na axencia aeronáutica que contaba daquela 46 anos, o National Advisory Committee for Aeronautics (NACA, Comité consultor nacional para a aeronáutica).

Os primeiro programas da NASA foron de investigación para o voo tripulado, e foron levados baixo a presión da competición entre os EEUU e a URSS, a 'carreira espacial' que se realizou durante a chamada Guerra Fría. O Programa Mercurio (Mercury Program) foi iniciado no 1958 pola NASA co fin de explorar o espazo con misións tripuladas, comezando por indagar sinxelamente se o home podía sobrevivir no espazo. O 5 de maio de 1961, o astronauta Alan Shepard foi o primeiro americano no espazo, pilotando a nave Mercury 3 nun voo suborbital de 15 minutos. John Glenn foi o primeiro norteamericano en dar a volta á Terra o 20 de febreiro de 1962 durante o voo de 5 horas do Mercury 6.

[editar] Programa Apolo

Unha vez que o programa Mercurio probou que os voos espaciais tripulados eran posibles, lanzouse o programa Apolo para facer interesantes traballos no espazo e poñer o home arredor da lúa (non sobre ela). A liña operativa do programa Apolo foi radicalmente alterada polo seguinte Presidente, John F. Kennedy, quen anunciou o 25 de maio de 1961 que os Estados Unidos propoñíanse "alunizar un home e retornalo a salvo á Terra" para 1970. Así o programa tivo o obxectivo de levar un home á Lúa. O Programa Gemini comezou prontamente para subministrar unha nave e probar técnicas para a agora moito máis complicada misión Apolo.

Buzz Aldrin camiña sobre a superficie da Lúa no Apolo 11.
Buzz Aldrin camiña sobre a superficie da Lúa no Apolo 11.

Tras oito anos de misións preliminares, incluídas as primeiras perdas de astronautas co Apolo 1, o programa Apolo conseguiu o seu propósito co Apolo 11, que lanzou a Neil Armstrong e Buzz Aldrin á superficie da Lúa o 20 de xullo de 1969 e devolveunos á Terra o 24 de xullo. As primeiras verbas tras a alunizaxe do Eagle foron: "É un pequeno paso para un home, pero un gran paso para a humanidade" ("That's one small step for [a] man, one giant leap for mankind.") Outros dez homes foron lanzados á Lúa ata a fin do programa Apolo en decembro de 1972.

A NASA ganou a carreira espacial, o que a deixou en certo sentido sen unha dirección concreta, ou polo menos sen a atención pública e interese, o que é necesario para ter fondos do Congreso. O desastre do Apolo 13, no que unha explosión de osíxeno danou os tres astronautas, axudou a atraer de novo a atención, mais aínda que foron planeadas misións ata a Apolo 20 e máis, a Apolo 17 foi a derradeira da serie. Cortes orzamentarios (en parte a causa da Guerra de Vietnam) planearon sobre o fin do programa, e contribuíron a crear a necesidade dun vehículo reusable.

[editar] Outras misións dos primeiros tempos

Aínda que a grande maioría do orzamento foi empeñado nos voos tripulados, houbo neste tempo moitas misións sen tripulación. En 1962 lanzouse a Mariner 2, primeira nave en sulcar os ceos de outro planeta; neste caso Venus. Despois, as dúas Viking aterraron en Marte e enviaron imaxes en cor. Mais pode que o máis impresionante fose o programa Pioneer e particularmente o programa Voyager, misións que visitaron Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno e enviaron datos científicos e imaxes a cor de todos eles.

Asemade, neste período cambiou a visión entre os programas espaciais americano e da Unión Soviética. O 17 de xullo de 1975 un propulsor Apolo (que atopou así un novo uso tras a cancelación do Apolo 18) foi preparado para o Soyuz 19. Este foi un punto de inflexión histórica en plena Guerra Fría, marcando unha era de cooperación internacional nova. A primeira estación espacial americana, Skylab, ocupou a actividade principal da NASA ata o final dos 70.

[editar] A Era Shuttle (Lanzadeiras Espaciais)

Lanzadeira Espacial Columbia, abril 1981
Lanzadeira Espacial Columbia, abril 1981

A lanzadeira espacial foi o proxecto estelar da NASA no final dos 1970 e os 1980. Planeadas para ser lanzadas con frecuencia e reusábeis na súa meirande parte, construíronse catro lanzadeiras cara 1985. A primeira, Lanzadeira Espacial Columbia, foino o 12 de abril de 1981.

As lanzadeiras non representaron un éxito tan rotundo para a NASA: os voos foron moito máis caros do previsto ao inicio e aínda tras o desastre de 1986 do Challenger, que amosou os riscos dos voos espaciais, o público perdeu de novo interese, tomando as misións un carácter ordinario.

A pesar diso, as lanzadeiras foron usadas para lanzar proxectos clave como o Teslescopio Espacial Hubble (HST segundo as súas siglas en inglés). O HST fíxose cun orzamento relativamente pequeno de 20.000 millóns de dólares, pero continúa en operación desde 1990 e fixo as delicias dos científicos e o público. Algunhas das imaxes tomadas xa son case lenda, como as do Campo Profundo. O HST é un proxecto conxunto coa ESA, e o seu éxito abriu a vía dunha maior colaboración entre ambas.

En 1995 volveu a haber colaboración ruso-americana co comezo das misións Shuttle-Mir, e de novo houbo un ensamblamento entre unha nave americana e un aparello ruso. Esta cooperación non se voltou interromper ata o presente, participando ambas na Estación Espacial Internacional (ISS, siglas en inglés) xunto coa ESA e outras axencias. A notar que foron naves rusas as que mantiveron en servizo a ISS a continuación do desastre da Columbia.

Cun custo de cen mil millóns de dólares, foi dificultoso para a NASA xustificar a ISS. A poboación estaba impresionada cos detalles científicos anteriores, pero nos novos tempos prefire outro tipo de noticias sobre grandes proxectos en lugares exóticos. Ninguén quer escoitar falar da ISS como a primeira instalación humana científica no espazo, e aínda hoxe non pode albergar a varios científicos como foi planeado, especialmente co uso da lanzadeira fóra de cuestión ata marzo de 2005.

Durante parte dos 1990, a NASA encarou cortes anuais de orzamento debido á contención de gastos do Congreso de Washington. En resposta, o noveno administrador da axencia, Daniel S. Goldin, lanzou a campaña "máis rápido, mellor, máis barato" que permitiu á NASA continuar cunha variedade de programas a pesar dos recortes orzamentarios. O método foi criticado e reavaliado tras as perdas xemelgas do Mars Climate Orbiter e o Mars Polar Lander en 1999.

[editar] Marte e máis aló

Seguramente a misión máis publicitada nos últimos tempos foi a Mars Pathfinder, lanzada no 1997. Os xornais de todo o mundo difundiron imaxes da saída do rover Sojourner para explorar a superficie de Marte dun xeito nunca antes feito noutro planeta. Menos difundida foi a misión que abrangue dende 1997 á actualidade (2004) Mars Global Surveyor, misión de tipo orbital. Desde 2001, o orbitador Mars Odyssey procura a evidencia de auga no pasado ou presente marciano e pola actividade volcánica do planeta.

O 14 de xaneiro de 2004, dez días despois da aterraxe da Mars Exploration Rover Spirit, o Presidente George W. Bush anunciou a "Vision for Space Exploration". A humanidade retornará á Lúa cara a 2020, e sentará as bases e recursos potenciais para futuras misións. A lanzadeira espacial será retirada en 2010 e o Crew Exploration Vehicle será reemprazado cara o 2014, capaces ambos de seren ensamblados á ISS e deixar a órbita terrestre. O futuro da ISS é incerto; a construción será completada, pero non se sabe máis. Os Centennial Challenges, premios tecnolóxicos para equipos non governamentais, foron establecidos no 2004.

Florida, USA, collida desde a misión da Lanzadeira Espacial da NASA STS-95 o 31 de outubro de 1998.
Florida, USA, collida desde a misión da Lanzadeira Espacial da NASA STS-95 o 31 de outubro de 1998.

[editar] Misións espaciais da NASA

[editar] Tripuladas

[editar] Non tripuladas

  • Luares
    • Programa Ranger
    • Programa Surveyor
    • Programa Lunar Orbiter
    • Misión Clementine
    • Lunar Prospector
  • Venusinas
    • Programa Mariner
    • Pioneer Venus
    • Magellan
  • Misións a Marte
    • Programa Mariner
    • Programa Viking
    • Mars Observer
    • Mars Pathfinder
    • Mars Climate Orbiter
    • Mars Polar Lander
    • Mars Global Surveyor
    • Mars Odyssey
    • Mars Exploration Rovers
    • Mars Reconnaissance Orbiter (Planificada para - 2005)
    • Phoenix (Planificada - 2007)
    • Mars Science Laboratory (Planificada - 2009)
  • Misións a Asteroides e cometas
    • Deep Space 1
    • NEAR Shoemaker
    • Stardust
  • Propostas ou canceladas a planetas e asteroides
    • CRAF
    • Neptune Orbiter
    • Titan Explorer
  • Solares
    • SOHO - en colaboración coa ESA
    • Ulysses - en colaboración coa ESA
  • Observatorios para Astrofísica no espazo
    • Telescopio Espacial Hubble
    • Observatorio de Raios Compton Gamma Ray Observatory
    • Observatorio Chandra de raios X
    • Telescopio Espacial Spitzer (anters coñecido como Space Infrared Telescope Facility, SIRTF)
  • Outros observatorios espaciais
    • COBE
    • Satélite Astronómico Infravermello
    • Telescopio Espacial James Webb

[editar] Lista de administradores da NASA

  1. T. Keith Glennan (1958-1961)
  2. James E. Webb (1961-1968)
  3. Thomas O. Paine (1969-1970)
  4. James C. Fletcher (1971-1977)
  5. Robert A. Frosch (1977-1981)
  6. James M. Beggs (1981-1985)
  7. James C. Fletcher (1986-1989)
  8. Richard H. Truly (1989-1992)
  9. Daniel S. Goldin (1992-2001)
  10. Sean O'Keefe (2001–2005)
  11. Michael D. Griffin (2005–)

[editar] Instalacións

Ademais do cuartel xeral en Washington D.C., a NASA ten as seguintes instalacións:

  • Ames Research Center, Moffett Field, California
  • Dryden Flight Research Center, Edwards, California
  • Glenn Research Center, Cleveland, Ohio
  • Goddard Space Flight Center, Greenbelt, Maryland
    • Goddard Institute for Space Studies, New York, New York
    • Independent Verification and Validation Facility, Fairmont, West Virginia
    • Wallops Flight Facility, Wallops Island, Virginia
  • Jet Propulsion Laboratory, near Pasadena, California
    • Deep Space Network stations:
      • Goldstone Deep Space Communications Complex, Barstow, California
      • Madrid Deep Space Communication Complex, Madrid, Spain
      • Canberra Deep Space Communications Complex, Canberra, Australian Capital Territory
  • Lyndon B. Johnson Space Center, Houston, Texas
    • White Sands Test Facility, Las Cruces, New Mexico
  • John F. Kennedy Space Center, Florida
  • Langley Research Center, Hampton, Virginia
  • George C. Marshall Space Flight Center, Huntsville, Alabama
    • Michoud Assembly Facility, New Orleans, Louisiana
  • John C. Stennis Space Center, Bay St. Louis, Mississippi

[editar] Premios e condecoracións

As actuais medallas outorgadas pola NASA son as seguintes:

  • Congressional Space Medal of Honor
  • NASA Distinguished Public Service Medal
  • NASA Distinguished Service Medal
  • NASA Equal Employment Opportunity Medal
  • NASA Exceptional Achievement Medal
  • NASA Exceptional Administrative Achievement Medal
  • NASA Exceptional Bravery Medal
  • NASA Exceptional Engineering Achievement Medal
  • NASA Exceptional Scientific Achievement Medal
  • NASA Exceptional Service Medal
  • NASA Exceptional Technological Achievement Medal
  • NASA Outstanding Leadership Medal
  • NASA Public Service Medal
  • NASA Space Flight Medal

[editar] Véxase tamén

[editar] Outras axencias espaciais

  • Axencia Espacial Canadiense
  • Administración Nacional China do Espazo
  • Axencia Espacial Europea
  • Axencia Italiana do espazo
  • Axencia de Exploración Aerospacial Xaponesa
  • Axencia Rusa de Aviación e o Espazo
  • Programa espacial soviético (histórico)
Commons
Commons ten máis imaxes sobre:

[editar] Ligazóns externas

[editar] Investigacións na NASA

[editar] Outros

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu