Lao Tzu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lao Tzu (老子 Lǎozi, tamén escrito e pronunciado Lao Zi ou Lao Tsé) foi un famoso filósofo chinés que viviu aproximadamente no Século VII a.C., durante as Cen Escolas de Pensamento e o Período dos Reinos Combatentes. A el é atribuída a autoría da obra fundadora do Taoísmo: o Tao Te King.
Para algúns, Lao Tzu é un personaxe mítico, xa que o seu nome quer dicir "O vello", ou "vello Mestre". A lenda conta que el naceu coa aparencia dun vello, por isto recebiu este nome. Considerase que isto pode ser unha metáfora sobre a antigüidade do taoísmo, anterior á redacción do Tao Te King.
Lao Tzu, segundo a tradición chinesa, naceu por volta de 600 a.C., na moderna provincia de Honán, e traballou moitos anos como bibliotecario real. Despois de Confucio, ninguén exerceu tan grande influencia no pensamento e na historia da China como Lao-Tsé, tradicionalmente considerado fundador do movimento filosófico designado por taoísmo. O seu contacto cos libros e a sua sabedoría persoal inducírono a crear unha doutrina de carácter panteísta segundo a cal o Tao, ou camiño, é o principio material e espiritual, creador e ordenador do mundo. No terreo práctico preconizou a vida contemplativa e a supresión de calquer desexo.