Música clásica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Isto é un artigo sobre a música académica europea da época neoclásica (1750-1800)
- para ir á sección da música culta europea (mal chamada "música clásica") siga a ligazón: música académica.
[editar] Introdución
O clasicismo musical comeza aproximadamente en 1750 (morte de Johann Sebastian Bach) e remata en 1827 aproximadamente (morte de Beethoven).
A música clásica propiamente dita coincide coa época chamada neoclasicismo (que noutras artes consiste no redescubrimiento e copia dos clásicos da arte grecorromana, que era considerada tradicional ou ideal: clásica). Na música non existiu un clasicismo orixinal (xa que non quedara escrita ningunha da música da época grega ou romana).
[editar] A era clásica
Era Clásica é o período de música artística occidental decorrido entre 1760/70 e 1800 caracterizada pola claridade, simetría e equilibrio. Os compositores máis coñecidos do período clásico son Joseph Haydn (1732-1809), Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791).
Na cultura occidental, a segunda metade do século XVIII coincidiu coa última parte do Período do Iluminismo. Este movemento, humanitario e secular por natureza, enfatizaba a razón, a lóxica e o coñecemento. Aqueles que se baseaban na relixión, na superstición e no sobrenatural para manteren as posicións de poder, viron a súa autoridade cuestionada e eventualmente reducida. A crenza nos dereitos humanos e na irmandade sobrepóñense ao dereito divino dos reis, ata entón considerado innegable. Ámbalas revolucións americana e francesa foron combatidas durante esta metade do século. Considerando este período como un gran punto de reviravolta, os filósofos e escritores promoveron a razón en detrimento do costume ou da tradición como a mellor guía da conduta humana. Unha mudanza paralela ocorreu na música occidental durante a segunda metade do século XVIII. Denominado normalmente "período clásico", este período musical era caracterizado pola obxectividade (control, brillo e requinte), claridade, periodicidade (fraseoloxía regular) e equilibrio.
Na historia da música occidental, o estilo que se desenvolveu durante os anos precedentes (1720/30 - 1770) coñécese por "preclásico" ou estilo de "mediados do século". O gusto musical alterouse profundamente como aconteceu coas artes visuais, pois, coma nestas, se revelou unha preferencia polo equilibrio e pola claridade da estrutura. Nun inicio, a composición musical pasou dun estilo ornado, propio do período Barroco, a un estilo popular de extrema simplicidade. Os compositores deste período crearon obras que transparentaban claridade e accesibilidade por riba de todo; en verdade reaccionaban contra o denso estilo polifónico do período anterior. Estas características atópanse nas sinfonías de compositores como Giovanni Battista Sammartini (1700/01-1775) e Johann Stamitz (1717-1757). Estes trazos de claridade e simplicidade, xuntamente cunha elaboración sistemática de ideas, unha aproximación universal á expresión musical e unha preocupación polo equilibrio entre estrutura e expresión, forman a base do estilo clásico.
Aínda que moitos compositores teñan vivido e composto durante o Período Clásico, as tres maiores figuras son Franz Joseph Haydn (1732-1809), Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791) e Ludwig van Beethoven (1770-1827). Cada un contribuíu significativamente á sinfonía, á sonata para piano, á música de cámara, ao cuarteto de cordas e á música eclesiástica. Todos utilizaron a forma da sonata, que constitúe o cerne do período clásico. A estrutura da sonata clásica, dependendo primeiro e principalmente do movemento harmónico, foi a forma predominante nunha vasta serie de primeiros movementos de sinfonías, sonatas e obras de cámara; mais foi tamén utilizada en movementos lentos e conclusivos dos xéneros mencionados, en movementos de gran magnitude, en oberturas e nalgunhas partes de óperas. Neste último campo, Haydn e Mozart escribiron obras que foron ben recibidos pola audiencia de entón.
Os historiadores terían inserido facilmente a Haydn e a Mozart no Período Clásico. A vida de ambos encaixa nitidamente no período en cuestión; alén diso, neles atópase unha exploración preliminar do estilo dos mediados do século, que despois se converte nun estilo máis persoal e totalmente desenvolvido, traendo consigo os trazos esperados dun compositor clásico. Beethoven é máis problemático porque a súa música abrangue os períodos clásico e romántico. As súas primeiras obras (ata cerca de 1802) insírense no estilo do período en cuestión. As últimas obras, cheas de drama, tensión, exploración harmónica e estrutural son mellor discutidas dentro do contexto do século XIX e o romanticismo.
[editar] Compositores
- Ludwig van Beethoven (1770-1827)
- Franz Joseph Haydn (1732-1809)
- Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)
- Franz Schubert
- Giovanni Battista Sammartini
- Johann Christian Bach
- Karl Ditters von Dittersdorf (1739 - 1799)
- Andrea Luchesi
- Giovanni Paisiello
- Christoph Gluck (1714-1787)
- Franz Joseph Haydn
- Michael Haydn
- Luigi Boccherini
- Carl Stamitz
- Domenico Cimarosa
- José Maurício Nunes Garcia
- Carl Maria von Weber