Marco Polo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Marco Polo (1254 - 8 de xaneiro de 1324) foi un viaxante veneciano do final da Idade Media. Xuntamente co seu pai, Nicolau Polo, e o seu tio, Maffeo, foi dos primeiros ocidentais en percorrer a Rota da Seda. O seu relato detallado das suas viaxe polo oriente, incluindo a China, foron durante moito tempo unhas das poucas fontes de información sobre a Asia no ocidente.
Índice |
[editar] A primeira viaxe
Os mercadores de Venecia, coñecidos comerciantes e viaxantes, viaxaron moito en busca de mercadorías e clientes, mais poucos chegaron tan lonxe como os Polo. Na familia Polo houbo outros exploradores ademais de Marco. O seu pai Nicolau (ou Nicolò en veneciano) e o seu tío Mateo (ou Maffio) eran prósperos mercadores dedicados ao comercio con Oriente. Ambos partiron cara a Asia en 1255 e alcanzaron a China en 1266, chegando a Khanbaliq cerca de Pekín. Volveron da China como enviados do Kublai Khan cunha carta para o Papa na que pedía que enviase a xente ilustrada que ensinase no seu imperio, para informar os mongois sobre a sua forma de vida.
Existe una tradición que dice que a familia Polo procedía da illa de Curzola no Mar Adriático (actualmente Korcˇula, parte de Croacia). Non é seguro, pois existen probas reais a favor e en contra desta afirmación, sen rexistros definitivos que permitan discernir a verdade. A cidade de Korcˇula segue conservando unha vella casa da que se dice que naceu Marco. Sexa ou non verdade, os Polo ganaron preminencia en Venecia e son historicamente considerados venecianos.
[editar] A segunda viaxe
Mateo e Nicolau Polo partiron nunha segunda viaxe, coa resposta do Papa a Kublai Khan, en 1271. Esta vez Nicolau levou a Marco, quen axiña gañou a confianza de Kublai Khan, facéndoo o seu conselleiro. Pouco despois Marco pasou a ser o emisario do Khan. Nos seus decesete anos de servizo ao Khan, Marco Polo chegou a coñecer as vastas rexións da China e os numerosos logros da civilización chinesa, moitos dos cales eran máis avanzados que os contemporáneos europeos.
[editar] Il Milione
Ao seu regreso da China en 1295, a familia estableceuse en Venecia, onde se convirteu nunha sensación e atraeron multitudes de oíntes, que a duras penas crían as suas historias sobre a afastada China.
O seu impaciente carácter levou a Marco Polo a tomar parte na batalla naval de Curzola/Korčula entre Xénova e Venecia en 1298. Foi capturado e pasou os poucos meses do seu cativerio ditando un detallado relato das suas viaxes polas descoñecidas rexións orientais. O seu libro, Il Milione ("O Millón", coñecido en galego como As viaxes de Marco Polo) foi escrito en provenzal e traducido axiña a moitas linguas europeas. O orixinal perdeuse e conservanse varias versions, con frecuencia contradictorias, das traduccions. O libro convirteuse de inmediato nun éxito. As historias do libro foron consideradas fantasiosas polos seus contemporáneos.
[editar] Foi real a viaxe?
No seu leito de morte, a sua familia pediulle a Marco que confesase o que había de mentiras nas suas historias. Marco negouse, insistindo, «Só contei a metade do que vin!».
Mientres a maioría dos historiadores cren que Marco Polo efectivamente chegou á China, recentemente alguns propoñen que non chegou tan lonxe, e que simplemente contou a información que lles ouvía a outros. Estes escépticos sinalan que, entre outras omisions, o seu relato falla ao non mencionar a escritura chinesa, os palillos, o té, a vendaxe de pés nin a Grande Muralla. Ademais, os arquivos chineses da época non o mencionan, a pesar de que afirmaba ter servido como emisario especial do Kublai Khan, o que resulta insólito, dado o coidado co que se levaban os arquivos na China naquel tempo.
Por outra parte, Marco describe outros aspectos da vida no Afastado Oriente con moito detalle: o papel moeda, o Gran Canal, a estrutura do exército mongol, os tigres e o sistema postal imperial. Tamén se refire a Xapón polo seu nome chinés, Zipang ou Cipango. Isto está considerado normalmente a primera mención do Xapón na literatura occidental.
[editar] Ligazóns externas
En inglés:
- Categoría en Open Directory
- As viaxes de Marco Polo
- A casa de Marko Polo en Korčula
- Selos de Marco Polo
- A Descrición do Mundo de Marco Polo, do libro de Frances Wood ¿Foi Marco Polo á China?