Menta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Menta | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Mentha aquatica
Mentha arvensis |
||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A menta é unha herba comestíbel apreciada polo seu aroma refrescante e emprégase na cociña, na industria de produtos bucais e alimenticia en xeral. O consumo desta herba ou dos seus derivados produce unha sensación de frío na boca e as vías respiratorias. O seu aroma estimula o apetito.
A destilación da menta produce un aceite rico en menthol, substancia de valor comercial e moi utilizado na produción de alimentos (especialmente lamboadas), locións para afeitar, produtos bucais, perfumes etc.
Existe unha variedade de especies diferentes desta herba, como por exemplo:
- Menta (Mentha piperita), que é a máis empregada para fins alimenticios
- Menta verde (Mentha viridis)
- Mentha arvensis
[editar] Usos Culinarios
A menta emprégase principalmente en pratos doces e en repostería, pero tamén se utiliza en pratos salgados. A parte utilizada desta planta es a folla, seca ou natural, que poden ser utilizadas directamente ou tras destilarse, en forma do aceite de menta.