Miklós Horthy
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Miklós Horthyde Nagybánya naceu en Kenderes, Hungría o día 18 de xuño de 1868 e morreu o 9 de febreiro de 1957 en Estoril , Portugal. Soía ser chamado a "Súa Serena Maxestade, o Rexente de Hungria."
Horthy foi o Rexente de Hungria no periodo do entreguerra e durante a maior parte do tempo da Segunda Guerra Mundial. Serviu de marzo de 1920 a outubro de 1944 . Comandou a Frota Imperio Austro-Húngaro durante a Primeira Guerra Mundial e escribiu as súas experiencias e memorias.
Depois de que Béla Kun dominara a Hungría, o goberno contrarrevolucionario colocou a Horthy no comando das súas forzas, co consentemento da Tripla as forzas romanesas invadiron Hungría e depuseron a Kun. Horthy asumiu o poder trala saída das tropas de Budapest o novembro de 1919, un ano depois foi nomeado rexente e cabeza do estado.