Museo de Orsay
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O museo de Orsay é un museo nacional situado en París, na Rive gauche (beira esquerda) do río Sena, no VII arrondissement (Distrito VIIº). Nel figura, principalmente, arte do mundo occidental de 1848 a 1914 : pintura, escultura, arquitectura, etc.
Índice |
[editar] Situación e Historia do Museo
[editar] Situación
Rue de la Légion d'Honneur, 1 ; 75343 París. Metro liña 12, estación: Solferino
[editar] Historia
Colocado na antiga estación ferroviaria da Gare d'Orsay (1898), foi inaugurado en 1986. A súa construcción orixinal é do arquitecto Victor Laloux, foi reconfigurada (1983-1986) polos arquitectos Renaud Bardon, Pierre Colboc, Jean-Paul Philippon gañadores do concurso de arquitectura de 1979, aos que se uníu o arquitecto interiorista [[Gae Aulenti].
[editar] As coleccións
As coleccións do museo de Orsay proveñen esencialmente de tres institucións : o museo do Louvre para obras de artistas nacidos a partir de 1820, ou que emerxen ao mundo artístico con a Segunda República francesa ; o museo do Jeu de Paume (Xogo de Pelota) que fora dedicado ao impresionismo desde 1947 ; e o museo nacional de Arte Moderna para obras máis recentes. Esas ricas coleccións, acrecentadas por inúmeras doacións e legados, cubren todos os dominios das artes plásticas e artes aplicadas : a pintura, a escultura, variados obxectos de arte e as creacións gráficas, así como mobiliario, arquitectura e fotografía. A política de adquisicións do museo de Orsay está vertebrada cara a obtención de obras importantes e testemuñas máis modestas, que permitan enriquecer ou completar os fondos da colección consolidada.
[editar] Principais obras mestras do museo
[editar] Principais pintores expostos no Orsay
Pierre Bonnard, Eugène Boudin, Gustave Caillebotte, Paul Cézanne, Camille Corot, Gustave Courbet, Honoré Daumier, Edgar Degas, Eugène Delacroix, Henri Fantin-Latour, Antoni Gaudí, Paul Gauguin, Vincent van Gogh, Hector Guimard, Jean-Auguste-Dominique Ingres, Gustav Klimt, Édouard Manet, Henri Matisse, Jean-François Millet, Piet Mondrian, Claude Monet, Gustave Moreau, Berthe Morisot, Edvard Munch, Nadar, Camille Pissarro, Pierre Puvis de Chavannes, Pierre-Auguste Renoir, Auguste Rodin, le douanier Rousseau, Paul Sérusier, Georges Seurat, Paul Signac, Alfred Sisley, Henri de Toulouse-Lautrec, James McNeill Whistler,
Template:Boîte déroulante
[editar] Principais escultores expostos no Orsay
Camille Claudel, Auguste Rodin, Honoré Daumier, Antoine Bourdelle, François Pompon, Albert-Ernest Carrier-Belleuse, Jean-Baptiste Carpeaux, Aristide Maillol, Charles Cordier
[editar] Directores
- Jean Jenger : 1978-1987
- Françoise Cachin : 1987-1994
- Henri Loyrette : 1994-2001
- Serge Lemoine : depuis 2001