Nagorno-Karabakh
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
![]() |
|||||
Status político | Non recoñecido | ||||
Linguas | Hayeren / Armenio | ||||
Capital | Stepanakert / Jankəndi | ||||
Presidente | Arkadi Gukasian | ||||
Independencia – Declarada – Celebrada1 – Recoñecimento |
Fron Acerbaixan 10 de decembro de 1991 2 de setembro de 1991 non |
||||
Área | 4.400 km² | ||||
Poboación2 Composición étnica3 |
145.000 (est. 2002) Por riba do 95% Armenios 5% minorías |
||||
Moeda | Dron (AMD) (Armenio) | ||||
Fuso horario | UTC +4 (DST +5) | ||||
TLD (Internet) | non | ||||
Código telefonico | 374 ??? | ||||
1,2,3 nkrusa.org |
Índice |
[editar] Perfil
Nagorno-Karabakh (En armenio: Լեռնային Ղարաբաղի Հանրապետություն), en acerbaixano: Dağlıq Qarabağ or Yuxarı Qarabağ, literalmente significa " Karabakh montañoso" ou "Alto Karabakh"; En ruso: Нагорный Карабах, transliterazón: Nagornyy Karabakh; translit. Lernayin Gharabagh), historicamente coñecido como Artsakh (En armenio: Արցախ), é unha rexión da antiga República Socialista Soviética do Acerbaixán , situada no sur do Cáucaso. Localizase a preto de 270 km a oeste da capital do Acerbaixán, Bakú. Estamos perante unha rexión maioritariamente poboada por armenios que pasou a xurisdición do Acerbaixán, debido á decisión de Stalin, en 1923
[editar] Xeografia
- Superficie: 4.400 km²
- Poboación: 145.000 hab. (est. 2002) A grande maioría da poboación é de etnia armenia (95%) e 5% de minorias étnicas.
- A capital é a cidade de Stepanaket.
Esta provincia armenia autoproclamada república independente, non recoñecida por nengun país excepto Armenia o 10 de decembro de 1991 fica situada no macizo do Pequeno Cáucaso. O seu relevo culmina no monte Jiamys. O río Terter é o principal curso de auga.
[editar] Economía
Nas encostas e nos vales cultivanse árbores frutais, tabaco e viñas, alén de cereais e algodón. A sericultura e a criación de gado bovino e ovinoestán moi difundidas. O principal centro industrial ata ao conflicto en 1991 era a cidade de Stepakanet. As indastrias máis importantes eran as madeireiras e as alimentarias.
[editar] Historia
O Nagorno-Karabakh é un enclave de poboación armenia cristá encravado no Acerbaixán (país maioritariamente islamico) onde, entre 1987-1988 deflagrou un conflito moito sangrento. Este conflito foi aínda máis atizado debido ao progrom masivo anti-armenio organizado pola cidade do Acerbaixán Sumgait a fins de febreiro de 1988 - a primeira explosión de violencia étnica nesta antiga república soviética. En novembro do 1991, esperando debelar aquelas contestacións armenias, o parlamento armenio aboliu o estatuto de autonomía da rexión. Como resposta os armenios do Nagorno-Karabakh realizaron un referendo o 10 de decembro de 1991, no cal a esmagadora maioría da poboación votou pola independencia. A comunidade acerbaixana de Nagorno-Karabakh boicotou o referendo.
Estes acontecimentos conduciron a accións violentas contra Armenios que vivian en Bakú e por todo o Acerbaixán e de acerbaixanos residentes na Armenia. Como resultado, unha vasta maioría de acerbaixanos da Armenia e Armenios no Acerbaixán (excepto Nagorno-Karabakh) viranse obrigados a sair. Unha guerra entre a Armenia e o Acerbaixán seguiranse aos eventos de violencia civil. As accións militares foron fortemente influenciadas pola inspirazón militar rusa. As vitorias das ofensivas armenias noas anos seguintes proporcionaramlle o controlo de grande parte do territorio, ata que en 12 de Maio de 1994 foi negociado un acordo de cesar-fogo que permanece en vigor aínda hoxe.
Actualmente Nagorno-Karabakh é de feito un estado independente auto-proclamandose República de Nagorno-Karabakh . Está fortemente dependente da República da Armenia e usa a súa moeda, o dron. Os cesivos gobernos armenios teñen resistido á presión interna de unir o Nagorno-Karabakh á Armenia, temendo as represalias do Acerbaixán e da comunidade internaciona, que considera Nagorno-Karabakh parte do Acerbaixán. A política da Armenia e do Nagorno-Karabakh están tan intimamente ligados que un antigo primeiro-ministro da República do Nagorno-Karabakh , Robert Kocharian, tornouse primeo-ministro (1997) e despois presidente da Armenia (de 1998 ata ao presente).
En setembro de 2004 realizaranse conversacións entre os presidentes da Armenia e do Acerbaixán, mais a disputa por este territorio continua e o futuro permanece incerto.
[editar] Ligacións externas:
- Armenica.org: Hitory de Armenia (inglés e sueco)
- site do Ministerio dos Negocios Estranxeiros da República de Nagorno-Karabah (non recoñecido por nengun país)
- [http://www.cilicia.com/rediscover.pl?Karabakh, guia de viaxe de Nagorno-Karabakh
- páxina sobre o conflito)