Nova Deli - नई दिल्ली
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nova Deli (en hindiनई दिल्ली, Ni Dilli) é desde 1931 a capital da República da India. Antes diso a capital era Deli.
A cidade foi planeada e construída como a cidade capital e foi chamada así cando os gobernantes ingleses mudaron a capital da India británica a esta cidade en 1911 desde Calcuta. Foi construída ao sur da antiga área urbana. Hoxe continúa sendo a capital da India independente.
A planificación da cidade foi desenvolvido polo arquitecto Edwin Lutyens. A maior parte das institucións do goberno central da India aínda están situadas nesta área.