Orhan Pamuk
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Orhan Pamuk (nado o 7 de xuño de 1952 en Istambul, Turquía) escritor turco contemporáneo, moi coñecido internacionalmente e gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 2006. Nas súas narracións constrúe pontes entre a novela europea moderna e a tradición mística oriental. O seu taballo foi traducido ata agora a 35 linguas e publicado en máis de 100 países.
A súa implicación política na defensa dos dereitos humáns, crítica coas posturas do goberno turco, pero tamén coas posturas europeas contrarias a admisión de Turquía na Unión Europea sitúano nunha posición intermedia incómoda. As súas opinións sobre puntos escuros da historia turca, coma as matanzas de armenios a primeiros do século XX, nunha entrevista fixéronlle ser inculpado por "insulto ós turcos".
[editar] Biografía
Nado en Istambul nunha familia acomodada (o pai era enxeñeiro), estudou no Robert College, colexio americano en Istambul. Por consello da familia (os pais querían que fora enxeñeiro) entrou na Univerisade Técnica de Istambul, que deixou tres anos despois para dedicarse profesionalmente á escribir. En 1977 acabou os estudos no instituto de xornalismo da universidade de Istambul. Entre os anos 1985 e 1988 viviu nos Estados Unidos en autoexilio, traballando para a Universidade de Columbia. Regresou a Turquía onde vive, estivo casado entre os anos 1982 a 2001, ten unha filla.
O 12 de outubro de 2006 recibiu o Premio Nobel de Literatura por ser un autor que "na procura na alma saudosa da cidade natal, atopou novos símbolos para o conflito e o vencellamento das culturas"
[editar] Obra
Os principais temas da sua obra son os conflitos e contradicións entre o oeste e o leste, o islam e o cristianismo, a tradición e o mundo contemporáneo. O conflicto entre occidentalidade e islam na Turquía actual e, por exemplo, o tema da súa novela de 2002 "Neve".
[editar] Bibliografía
- 1974 - Karanlık ve Işık (Escuridade e luz) narra a vida de tres xeracións dunha familia turca
- 1982 - Cevdet Bey ve Oğulları (Cevdet Bey e os seus fillos)
- 1983 - Sessiz Ev (A casa do silencio)
- 1985 - Beyaz Kale (O castelo branco)
- 1990 - Kara Kitap (O libro negro), un avogado tenta atopar á súa dona que o abandonou sen explicación.
- 1995 - Yeni Hayat (A nova vida)
- 1998 - Benim Adım Kırmızı (Chámome Vermello), novela histórica e de misterio. Un sultán que se fai retratar causa, a través da realización dun libro ilustrado á maneira dos francos, unha serie de asasinatos.
- 2001 - Kar (Neve)
- 2005 - İstanbul: Hatıralar ve Şehir (Istambul: Cidade e lembranzas)